Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 17 de septiembre de 2015

MÁIS DE 5.000 ALUMNOS E ALUMNAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA REALIZARON PRÁCTICAS DE FP EN EMPRESAS DURANTE O CURSO PASADO





§         A través da FCT (formación en centros de traballo), o alumnado desenvólvese nun ámbito produtivo real que lle permite seguir afondando nos seus coñecementos e, ao mesmo tempo, prepararse para o futuro mundo laboral

Durante o curso 2014-2015, máis de 5.000 alumnos e alumnas da provincia de Pontevedra -5.146 concretamente, dos cales case 3.000 pertencen á comarca de Vigo- realizaron prácticas de Formación Profesional en preto de 4.000 centros de traballo, complementando así a formación que reciben na aula cunha máis vinculada ao mundo real na empresa.

A formación en centros de traballo (FCT) é un módulo de carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos que permite ao alumnado desenvolverse nun ámbito produtivo real, realizando actividades propias do perfil profesional para o que se está preparando. Deste xeito, e ademais de poñer en práctica e seguir afondando nos coñecementos adquiridos nos centros educativos, os rapaces e rapazas experimentan de preto o funcionamento dunha empresa, o que os prepara para o futuro mercado laboral. De feito, estas prácticas buscan favorecer e mellorar a inserción profesional dos mozos e mozas.

Ademais, a Consellería de Cultura e Educación leva investido máis de 8 millóns de euros desde 2009 para apoiar ao alumnado en prácticas nos seus desprazamentos.

Case 14.000 en Galicia e fóra
En total, 13.979 alumnos e alumnas realizaron o curso pasado formación práctica en 10.866 centros de traballo de toda Galicia e fóra da Comunidade; de feito 500 deles optaron polo estranxeiro. Isto supón algo máis de 5,5 millóns de horas empregadas no obxectivo de completar a formación dos estudantes, o que demostra tamén o compromiso e implicación do tecido empresarial galego coa xente moza.

Na seguinte táboa recóllense os datos da provincia de Pontevedra divididos por comarcas:


 
 Cómpre recordar que estas prácticas en empresas son posibles grazas á ampla oferta de ciclos formativos que cada ano realiza o departamento educativo da Xunta, permitindo incrementar así a matriculación curso a curso. De feito, e segundo as previsións iniciais da Consellería, neste 2015-2016 matricularanse en torno a 53.400 alumnos e alumnas, o que suporía un 3,4% máis con respecto ao ano pasado.

Máis de 7.600 prazas para ciclos
No caso concreto da provincia de Pontevedra, este curso ofértanse 7.645 prazas para ciclos de grao medio (4.045 distribuídas en 143 ciclos) e de grao superior (3.600 distribuídas en 130 ciclos) de réxime ordinario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario