Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 29 de enero de 2018

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA O IMPULSO DA XUNTA ÁS ESTACIÓNS INTERMODAIS E SALIENTA A NECESIDADE DE IMPLICACIÓN DOS CONCELLOS NAS SÚAS RESPONSABILIDADES NOS PROXECTOS








§  A conselleira de Infraestruturas destaca que cos 7,2 millóns de euros consignados nos Orzamentos a Xunta prevé pór en marcha as obras das terminais de Santiago, Ourense Pontevedra e Vigo e avanzar nos traballos de Lugo e Ferrol
§  Lamenta que os cambios de criterio do Concello da Coruña obriguen a redefinir gran parte do traballo de deseño que estaba feito, acarreando un importante retraso
§  Salienta que a Xunta licitou xa por 10,4 millóns de euros as obras da estación de Santiago, cuxo deseño se consensuou co Concello que,  pola contra, non facilita información sobre o seu proxecto de accesos á terminal
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou que desde a Xunta se está a avanzar no impulso das novas estacións intermodais –estacións de autobuses integradas nas de ferrocarril- e salientou a necesidade de implicación dos Concellos nas súas responsabilidades nos proxectos.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, Vázquez Mourelle aclarou que, tanto o Goberno autonómico como o central traballan para desenvolver os proxectos das estacións intermodais nas cidades.

Trátase, dixo, de infraestruturas estratéxicas que, ademais de permitir conexións sinxelas entre os distintos modos de transporte, permitirán aproveitar todo o potencial da chegada da alta velocidade a Galicia e contribuirán a “facer cidade” mediante proxectos sostibles e integrados na paisaxe que mellora a organización urbana.

Ethel Vázquez indicou que os Orzamentos da Xunta deste ano consignan unha partida de 7,2 millóns de euros cos que se prevé pór en marcha as obras nas estacións intermodais de Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo, ademais de rematar o proxecto correspondente á intermodal da Coruña e avanzar nos traballos en Lugo e Ferrol.

A responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico explicou que o proxecto para a cidade da Coruña está máis atrasado, debido aos diversos cambios de criterio d Concello nos últimos meses. A ese respecto lembrou que o Goberno local apostou nun primeiro momento por un tipo de estación, un proxecto ambicioso que, suporía a reordenación da avenida de Sardiñeira e cando a Xunta tiña o proxecto, mudou de idea e decidiu apostar por unha actuación máis modesta.

Neste momento, Ethel Vázquez destacou que os cambios do Concello obrigan a redefinir gran parte do traballo que estaba feito no deseño da terminal de autobuses, polo que se fai necesario levar a cabo unha nova licitación da redacción do proxecto o que supón un importante retraso na execución da estación intermodal con respecto a outras cidades.

No caso de Santiago, as obras da terminal de autobuses integrada na estación intermodal, xa están licitadas -e o anuncio xa foi publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado luns- por importe de 10,4 millóns de euros.

Non obstante, subliñou que, para comezar as obras, é preciso que antes o Concello de Santiago materialice a expropiación dos terreos necesarios e execute os accesos de modo simultáneo, para que as dúas actuacións vaian acompasadas, e os accesos estean listos canda a entrada en servizo da terminal de autobuses.

A conselleira insistiu na necesidade de que o Concello de Santiago ofreza máis información directa, xa que xera unha incerteza que impide coñecer cómo se resolverán as entradas e saídas á estación.

Aclarou tamén que, desde a Xunta, sempre se estivo en contacto directo co Concello, ofrecendo información de todos os detalles proxecto da terminal de autobuses e número de dársenas, mentres, cando se requiriu información do Concello sobre as cuestións urbanísticas e sobre os accesos, non proporciona información precisa sobre cómo e en que prazos quedarán definidas as actuacións da súa competencia. 






SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario