§
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a presidenta do
Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial,
Ángeles Carmona, presentaron en Pontevedra esta campaña
§
Destacaron a importancia que poden ter os veciños e veciñas
á hora de detectar estes casos e axudar ás vítimas
O
vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a presidenta do Observatorio de
Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, Ángeles Carmona,
presentaron en Pontevedra unha campaña de prevención da violencia de
xénero no ámbito veciñal, que a partir de agora se estenderá a toda Galicia.
No
acto tamén participaron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, a
presidenta da Comisión de Igualdade da Asociación Española de Auditores
Socio-Laborais, María Ángeles García, e a presidenta do Congreso, Ana Pastor.
O
obxectivo desta iniciativa é chegar, directa ou indirectamente, a todas as
asociacións de veciños de Galicia, en tanto constitúen o primeiro nivel de
asociacionismo e coñecen de primeira man o seu contorno e os problemas que
afectan aos seus veciños e veciñas. Deste xeito, poden xogar un papel vital á
hora de axudar ás vítimas e detectar estas situacións.
Durante
a campaña, a Xunta organizará xornadas en toda Galicia, ás que están convidados
todos os representantes das asociacións veciñais. Nestas charlas, os
participantes coñecerán pautas para previr e detectar casos de violencia de
xénero. Ademais, entregaránselles trípticos con consellos sinxelos sobre as
sinais dunha situación de violencia e como reaccionar ante ela.
Dáse
así continuidade e compleméntase a liña de actuación posta en marcha o ano
pasado coa sinatura dun convenio de colaboración cos administradores de fincas
e os auditores socio-laborais para que prestaran o seu apoio para detectar as
situacións de violencia de xénero nas comunidades de propietarios nas que
estiveran presentes
A
Xunta vén redobrando durante os últimos anos os seus esforzos na loita contra a
violencia de xénero ano tras ano. O orzamento para a loita contra a violencia
de xénero foi incrementándose cada ano, e para este 2018 é practicamente o
dobre do que había hai 5 anos.
O
obxectivo é seguir traballando en todas as frontes, como as axudas económicas
ás vítimas de violencia, a atención médica e psicolóxica, a formación e o
asesoramento legal e, por suposto, as campañas de sensibilización e
concienciación en toda a sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario