§ Avanzouse
así en 19 procesos diferentes e actualmente trabállase xa na organización das
actuacións do próximo ano
A provincia de
Pontevedra recibiu neste 2017 ata 5.235.744,76 euros da Consellería do Medio
Rural para investir nos procesos de reestruturación parcelaria abertos. En
total 19 zonas beneficiáronse destas achegas para avanzar nas distintas fases
nas que se atopan as concentracións.
Os orzamentos van dende os 8.262 euros para alcanzar
as bases definitivas da reorganización de Brandariz-Obra-Sector Brandariz, en Vila
de Cruces, ata os máis de 2,3 millóns de euros que se investiron en Val de
Camba, no concello de Rodeiro, co que se logrou tamén obter as bases
definitivas.
Deste xeito, a Xunta de Galicia avanza no seu
obxectivo de rematar administrativamente durante este mandato as
reestruturacións parcelarias abertas ata o momento. Actualmente, dende o
departamento que dirixe Ángeles Vázquez, trabállase para definir as actuacións
que se levarán a cabo o próximo ano. De feito, estanse mantendo encontros
técnicos entre os responsables da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e os
responsables territoriais para concretar estes investimentos.
O desagregado de achegas de 2017 é o seguinte:
Concello
|
Nome
|
Estado
|
2017
|
Barro
|
Curro - Portela
|
Bases provisionais
|
69.537,45 €
|
Barro
|
Perdecanai - Barro II
|
Bases definitivas
|
279.684,84 €
|
Caldas de Reis
|
Godos
|
Bases definitivas
|
59.621,59 €
|
Cambados
|
Oubiña, 2º Sector
|
Tramitándose bases
provisionais
|
349.427,85
|
Cuntis
|
Troans Sector I
|
Bases definitivas
|
96.242,08 €
|
Cuntis
|
Troans Sector II
|
Bases definitivas
|
38.293,33 €
|
Lalín
|
Cercio
|
Bases provisionais
|
19.036,49 €
|
Lalín
|
Santa Baia de Losón
|
Tramitándose acordo
|
20.892,99 €
|
Lalín
|
Vilatuxe
|
Acordo
|
399.946,73 €
|
Lalín
|
Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto
|
Bases definitivas
|
355.495,16 €
|
Lalín
|
Val - Bermés - Sello
|
Bases definitivas
|
235.763,84 €
|
Meis
|
San Martiño -
Armenteira sector I
|
Bases provisionais
|
21.541,76 €
|
Portas
|
Briallos
|
Bases definitivas
|
76.439,81 €
|
Portas
|
Romai
|
Bases definitivas
|
283.527,96 €
|
Rodeiro
|
Val de Camba
|
Bases definitivas
|
2.383.988,95 €
|
Silleda
|
Oleiros
|
Decreto
|
79.441,75 €
|
Vila de Cruces
|
Brandariz - Obra -
Sector Brandariz
|
Bases definitivas
|
8.262,00 €
|
Vila de Cruces
|
Duxame - Insua -
Portodemouros
|
Acordo
|
313.297,09 €
|
Vilanova de Arousa
|
Tremoedo
|
Bases definitivas
|
145.303,09 €
|
TOTAL
|
5.235.744,76 €
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario