MEDIO AMBIENTE DESTINA MÁIS DE 450.000 EUROS Á ADQUISICIÓN DE 3.000 CONTEDORES DE BIORERESIDUOS PARA A IMPLANTACIÓN DA RECOLLIDA SELECTIVA NO ÁMBITO LOCAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 26 de enero de 2018

MEDIO AMBIENTE DESTINA MÁIS DE 450.000 EUROS Á ADQUISICIÓN DE 3.000 CONTEDORES DE BIORERESIDUOS PARA A IMPLANTACIÓN DA RECOLLIDA SELECTIVA NO ÁMBITO LOCAL







§  A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio facilitará a implantación do quinto contedor para mellorar a porcentaxe de recollida de fracción orgánica dos residuos domésticos e reducir a cantidade de impropios que se depositan na bolsa negra
§  Estas medidas axudarán a avanzar cara o obxectivo marcado pola Unión Europea de acadar unha taxa de reciclaxe dun 65% e un límite de vertido de residuos dun 10% en 2030

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita hoxe o contrato para a adquisición de contedores de biorresiduos para a implantación da recollida selectiva no ámbito local. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o contrato por un importe de máis de 460.000 euros, para a adquisición de preto de 3.000 unidades destinados á recollida dos residuos orgánicos xerados no ámbito doméstico. Esta contratación cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e encadrase entre as accións para a mellora da xestión dos residuos urbanos que a Consellería ten previsto desenvolver no actual programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Deste xeito, os concellos que o soliciten poderán implantar este quinto contedor, para a recollida selectiva da fracción orgánica dos residuos domésticos, ou mellorar as recollidas existentes, reducindo a cantidade de materia orgánica que vai á bolsa negra, así como tamén mellorar a porcentaxe de impropios nas recollidas actuais. Nas vindeiras semanas, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental publicará a información sobre os prazos e a forma para solicitar esta petición.

Os contedores dispostos para esta nova recollida terán unha capacidade de 240 litros e incorporarán, na súa composición material, un mínimo do 50% procedente de materiais reciclados. Contarán cunha tapa que garantirá o seu peche hermético e cun sistema de apertura mediante chave que constitúe a peza crave para impedir que no contedor se poidan depositar, por erro ou neglixencia, calquera outro tipo de residuos distintos dos biorresiduos, evitando así a contaminación desta fracción. Con cada contedor subministraranse 50 chaves para que os concellos as adxudiquen a aqueles veciños interesados en participar voluntariamente no desenvolvemento desta iniciativa.

Cómpre recordar que esta materia orgánica representa a fracción maioritaria dos residuos domésticos xerados, arredor dun 42%, polo que a súa recollida selectiva é fundamental para acadar os obxectivos de reciclado establecidos no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022, que prevé que se destinen á preparación para a reutilización e o reciclado desta fracción, a lo menos, o 50% dos biorresiduos xerados en 2020.

Grazas a esta iniciativa avánzase un paso máis no obxectivo de pasar dunha economía lineal, na que producimos, consumimos e xeramos residuos, a una economía circular, na que despois de consumir, reutilizamos, recollemos e reciclamos ou reparamos. Ademais é preciso que as taxas de reciclaxe actuais se incrementen, dado que a Comisión Europea estableceu, no paquete de medidas de economía circular, unha taxa do 65% de reciclado e un límite de vertido de residuos dun 10%, en 2030, para a totalidade dos residuos xerados nos fogares.

Para acadar estas metas, a participación cidadá é fundamental na separación de residuos en orixe, polo que a Consellería de Medio Ambiente manterá e reforzará as actuacións encamiñadas á sensibilización e concienciación da cidadanía galega para o incremento das taxas de reciclaxe, o fomento da recollida selectiva de biorresiduos e a redución do desperdicio de alimentos.

Con iniciativas coma esta, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio  pretende que Galicia se instale definitivamente na senda da sostenibilidade e nun modelo de economía circular onde os residuos se convertan en recursos, pechando os ciclos dos produtos e materiais que empregamos a diario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario