OFERTA DE EMPREGO
Empresa contratante: Viña Moraima, S. Coop. Galega Porráns nº1-baixo 36191-Barro (Pontevedra)
Descrición: buscamos para o noso departamento de administración unha persoa para dar apoio neste ámbito. As principais funcións a desempeñar, son: entrada e saída de facturas; control e saída de pedidos; control e supervisión de contas; arquivo de documentos; atención telefónica e persoal a clientes e provedores; xestión de documentación; realización de xestións fóra das dependencias da empresa; e similares.
Condicións: 24 horas semanais, de luns a sábado en horario de mañá; salario segundo convenio. Incorporación inmediata. Requisitos: – estudos mínimos de FP1, Educación Secundaria ou análogo. – galego e español: nativos; dominio de inglés escrito e falado. – dominio de administración en xeral. – usuario avanzado en ferramentas informáticas e programas de facturación.
Valorarase: – carné de conducir B2 e vehículo propio. – facilidade de traballo en equipo. Interesados envíar CV a: rrhh@adegamoraima.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario