§ A subvención poderá chegar ata 15.000
euros por cada inmoble
§ O Diario Oficial de Galicia publica hoxe
a Orde pola que se establecen as bases do programa e se realiza a convocatoria
para 2018
§ As axudas poden destinarse a
infravivendas de propiedade privada ou a edificacións de titularidade
municipal, pero deben ser solicitadas polos concellos en ambos casos
A Xunta de Galicia subvencionará ata o 95 por
cento do custe de rehabilitación das infravivendas emprazadas en concellos de
menos de 10.000 habitantes, tal como recolle a Orde que hoxe publica o Diario
Oficial de Galicia (DOG) e pola que pola que se establecen as bases reguladoras
do Programa de infravivenda do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación,
alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano
2018.
A convocatoria para este ano inclúe unha
partida presupostaria de 300.000 euros. Para obter máis información pódese
consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/D7HsNc.
Estas subvencións están dirixidas a
prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que
poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que habiten, en
condicións de propietarias, nunha vivenda que se encontre en mal estado de
conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as
mínimas condicións de habitabilidade
As axudas, dirixidas aos concellos, serán
aplicables á rehabilitación de:
·
Infravivendas de
propiedade privada, sempre que o propietario sexa un dos integrantes da unidade
familiar que habita na mesma e os ingresos familiares sexan inferiores a unha
vez o Iprem.
·
Edificacións ou
vivendas de propiedade municipal que se rehabiliten destinalas a solucionar os
problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos
fixados nesta orde.
Estas actuacións poden incluír os
elementos exteriores, as condicións estruturais e de seguranza, a
habitabilidade e/ou a accesibilidade da edificación ou da vivenda. Entre as
condicións de habitabilidade poderanse contemplar a execución de medidas que
eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan
a súa eliminación do interior das vivendas.
O importe da axuda para cada infravivenda
será do 95 por cento do custe da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000
euros por vivenda. O ente municipal xestionará a achega do 5 por cento
restante.
Serán os concellos os encargados da
presentación das solicitudes de axudas. O prazo ábrese mañá e continuará aberto
ata o 1 de xuño de 2018 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario