Movementos no PP de Barro: ¿O novo candidato Jesús Moreira, "Suso Gominas"? - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 4 de enero de 2018

Movementos no PP de Barro: ¿O novo candidato Jesús Moreira, "Suso Gominas"?



Fontes próximas ao PP, indican que recentemente o ex alcalde Landín Eirín xunto ao concelleiro Jesús Moreira, Suso "Gominas", reuníronse con actual Delegado da Xunta en Pontevedra e Secretario do PP, Cores Tourís, nun local hosteleiro da parroquia de Curro.

Polo visto o PP está a buscar un nome de consenso para encabezar a renovación, e as informacións apuntarían a uns primeiros contactos con Jesús Moreira, partindo como favorito como beneplácito de Landín Eirín, que deste xeito, deixaría a política municipal pero seguiría exercendo influencia a través do seu candidato.

Outras fontes indican posibles escisións cara formacións como Ciudadanos ou algunha candidatura independiente doutras persoas relacionadas co PP de Barro, incluído algún concelleiro, pola pouca simpatía que desperta no sector máis histórico a posible elección de Suso "Gominas".

Agárdase que en Xaneiro, o PP acometa unha renovación no Concello de Barro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario