Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 21 de febrero de 2018

O viveiro de empresas de Barro segue sumando novos negocios


A Deputación de Pontevedra aprobou a cesión dunha oficina de 18 metros cadrados do viveiro de empresas de Barro a unha nova empresa de servizos da propiedade inmobiliaria.

A comisión de seguimento do viveiro, que estivo presidida polo deputado Carlos López Font e a deputada Eva Vilaverde,  e que contou coa presenza do alcalde Barro, Xosé Manuel Abraldes, aprobou esta nova incorporación, ademais da prórroga da ocupación de tres naves e dúas  oficinas de 25 metros cadrados.
A comisión aprobou a cesión dun espazo á empresa Buscavivenda SL, dunha oficina de 18 metros cadrados e as prórrogas de ocupación doutra oficina e dunha nave para Eurotec Inspección S.L. e das naves das empresas de Jose Manuel Camba e  Jesús Manuel Moreira, e a oficina de Juan Aurelio Padín.
Segundo informou o deputado, Carlos López Font, neste intre a ocupación do viveiro de empresas é dun 100%  nas naves e do 83% das oficinas. De feito, só quedan dispoñibles tres oficinas de 18 metros cadrados e unha de 25 metros cadrados. Tamén están dispoñibles tres espazos de coworking de 37 metros cadrados. Incluso unha das empresas que ten en concesión unha oficina de 25 metros cadrados está en lista de espera para optar a algunha das naves en caso de quedar libre.
O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Nel tamén están instalados os servizos de SmartPeme da comarca.

http://www.economiaengalicia.com/articulo/emprendedores/viveiro-empresas-barro-segue-ganando-novos-inquilinos/20180220200038006138.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario