Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 7 de marzo de 2018

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA A SEGUNDA EDICIÓN DOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE”


O prazo de presentación dos traballos será de dous meses dende a publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e poderanse presentar mozas e mozos de entre 16 e 35 anos

A convocatoria conta con sete categorías e haberá 22.000 euros en premios, 1.000 máis que na primeira edición deste concurso

A Deputación de Pontevedra publicou este venres no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases da segunda convocatoria dos “Premios Provinciais á Xuventude”, dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados con 22.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. O prazo de presentación dos traballos será de dous meses dende a publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

As sete categorías ás que poderán optar as persoas participantes son as de iniciativa social (tres premios), iniciativa empresarial (tres premios), blogs (tres premios), educación en valores (tres premios), traballo musical (tres premios), traballo literario breve (dous premios para narrativa e dous para poesía) e, por último, fotografía orixinal (tres premios).

Todas as categorías teñen unha partida de 3.000 €, distribuídos entre 1.500 € ao primeiro premio, 1.000 € ao segundo e 500 euros para o terceiro, a excepción do traballo literario, que conta cun orzamento de 4.000 euros, modalidade na que haberá un primeiro premio de 1.500 euros e un segundo de 500 € tanto para o traballo narrativo como para o de poesía.

Nas bases dos Premios poderanse consultar os demais requisitos que deben cumprir as persoas (físicas e xurídicas) participantes e os traballos, así como os medios de presentación dos mesmos e a documentación que deberán adxuntar a maiores en cada unha das categorías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario