Estará dotada de 365.00 euros e poderán
solicitala os concellos
A Deputación de Pontevedra abre unha nova liña de
axudas destinadas aos concellos, co obxectivo de garantir a cobertura de
necesidades básicas das familias en risco de exclusión.
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta
mañá as bases que regulan as axudas, cun orzamento total de 365.000 euros, e
que van destinadas a cubrir desde alimentación ata vivenda, pasando por
medicamentos, produtos de limpeza e hixiene ou a adquisición de medicamentos.
As axudas poderán solicitalas os servizos sociais
comunitarios dos concellos de menos de 20.000 habitantes, que disporán dunha
contía máxima establecida en función da poboación e da porcentaxe de desemprego
a respecto do total da súa poboación e que deberán destinar os fondos a atender
ás persoas que carezan de ingresos suficientes para cubrir as súas necesidades
básicas.
En todo caso, e aínda que se lle dará prioridade á
demanda dirixida a dar resposta ás necesidades alimentarias dos nenos que, polo
peche dos comedores escolares, se atopen en situación de exclusión social ou en
risco de estalo, a Deputación pretende que esta liña de axudas permita tamén
garantir outros dereitos fundamentais.
Tipos
de axudas
Así, establécense seis modalidades de axuda. A
primeira delas é a destinada á compra de alimentos perecedoiros e atendendo
tamén á adquisición de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais por
motivos médicos, como celíacos ou alérxicos, entre outros.
No que respecta á vivenda, as axudas poderán
destinarse ao pagamento de débedas de alugueiro co obxecto de impedir o
desafiuzamento ou, de maneira excepcional, para o pagamento de hipotecas,
sempre e cando a contía de cada cota sexa inferior a 400 € e a débeda non sexa
maior de dúas cotas.
Tamén se subvencionará o pagamento dos recibos de
subministracións básicas da vivenda (electricidade, gas ou auga)
As bases contemplan, ademais, achegas para a compra
de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda (lixivia, líquido
lavalouza,…), produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante, produtos de
hixiene feminina, etc) e o pagamento de produtos farmacéuticos prescritos por
un facultativo especialista ou polos médicos de atención primaria.
Finalmente, tamén se poderán cubrir coa achega da
Deputación desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio
concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades que non
poidan ser levadas a cabo dentro deste.
Así mesmo, realizaranse pagos de desprazamentos
dentro do propio concello cando estes sexan motivados polas xestións ou
actividades relacionadas co programa de educación familiar, servizo de axuda no
fogar, ou asistencia a recursos sociais, educativos ou sanitarios do propio
concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario