·
As unidades móbiles do CTG
visitarán ao redor de 80 municipios galegos ata concluír o presente mes
de xullo tentando conquerir a colaboración dos galegos e galegas
O Centro de Transfusión
de Galicia (CTG) reforza o seu chamamento á participación de todos os
cidadáns na campaña de doazón de sangue que está a desenvolver nos meses
de verán, co obxectivo de acadar 10.000 doazóns de sangue mensuais ata a
conclusión do período estival.
A
coincidencia da deslocalización dos doadores habituais por ser datas
eminentemente vacacionais e o incremento das urxencias derivadas dos
accidentes
de tráfico, son factores que explican a dificultade que entrañan os
meses de verán para manter a participación dos cidadáns nas campañas de
doazón. Por estes motivos, o CTG quere reforzar o constante chamamento
que fai apelando a ben consabida solidariedade
dos galegos e galegas e lembrarlles a vital importancia da súa
colaboración nas campañas de doazón de sangue durante os meses de verán.
Obxectivos
Durante
os vindeiros quince días, o CTG achegara as súas dez unidades móbiles
ata ao redor de oitenta concellos galegos, tentando acadar unha media
de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o
desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.
O
CTG agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para
iso, ofrecerá as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o
desprazamento de
dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:
DATA
|
CONCELLOS
|
Xoves 17 de xullo
|
Narón,
Sada, Zona A Gaiteira-Os Castros (A Coruña). Noia, Xuño, Praza Maior
(Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Bueu, Ribadumia e Salceda de Caselas.
|
Venres 18 de xullo
|
Narón,
Malpica de Bergantiños, Zona Monelos-Castrillón (A Coruña), Noia,
Burela, Rúa do Paseo (Ourense), Bueu, Salceda de Caselas e Vilagarcía de
Arousa.
|
Sábado 19 de xullo
|
Buño, Noia, Burela, Centro Comercial A Laxe (Vigo) e Vilagarcía.
|
Luns 21 de xullo
|
Coirós, Carral, El Temple, Serra de Outes, Padrón, Paradela, Portomarín, Bº Mariñamansa (Ourense), Tameiga e Tui
|
Martes 22 de xullo
|
Ortigueira,
A Laracha, El Temple, Serra de Outes, Santa Comba, Outes, Padrón, O
Inicio, Oural, Sarria, Tui e Zona Residencial Navia (Vigo).
|
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
LUGAR
|
HORARIO
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
(A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas
|
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
|
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
|
Cómo participar
Pode
doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50
quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles
polo sangue
(VIH, hepatite B ou C,...).
A
doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas
solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario