O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA CHAMA A DOAR SANGUE AOS CIDADÁNS DEBIDO AO ELEVADO NÚMERO DE ACCIDENTES DE TRÁFICO DA PASADA FIN DE SEMANA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 28 de julio de 2014

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA CHAMA A DOAR SANGUE AOS CIDADÁNS DEBIDO AO ELEVADO NÚMERO DE ACCIDENTES DE TRÁFICO DA PASADA FIN DE SEMANA


·         As unidades móbiles do CTG visitarán máis  de 40 municipios galegos ata concluír o presente mes de xullo tentando conquerir a colaboración dos galegos e galegas

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) reforza o seu chamamento á participación de todos os cidadáns na campaña de doazón de sangue que está a desenvolver nos meses de verán, especialmente despois dunha fin de semana na que aumentaron os sinistros de tráfico.

O incremento das urxencias derivadas dos accidentes de tráfico nos meses de verán é un dos factores que dificulta o mantemento do volume de doazóns de sangue nesta época do ano, así como a deslocalización dos doadores e doadoras habituais por mor o período estival.

Obxectivos
Durante a presente semana, o CTG achegara as súas dez unidades móbiles máis de 40 concellos galegos, tentando acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias, as precisas para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos nosos centros sanitarios.

O CTG agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán as seguintes visitas:

DATA
CONCELLOS
Luns 28 de xullo
Milladoiro (Ames), O Burgo (Culleredo), Curtis, Paderne, Ferreira de Pantón, Sober, Cenlle, San Amaro, A Estrada, Baiona e Zona O Calvario (Vigo).
Martes 29 de xullo
Cantón Pequeno (A Coruña), O Burgo (Culleredo), Praza Armas (Ferrol), Melide, O Saviñao, Allariz, A Estrada, Baiona, Tomiño e Carril (Vilagarcía de Arousa).
Mércores 30 de xullo
Bº Os Mallos (A Coruña), Fonteculler (Culleredo), Praza Armas (Ferrol), Lousame, Muros, Narón, Chantada, Rúa do Paseo (Ourense), O Rosal, Silleda e Goián (Tomiño).
Xoves 31 de xullo
Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Carnota, Paza España (Ferrol), Urb. Rialta (Oleiros), Calo (Teo), Viveiro, Verín, Campolameiro, Portas, Arcade (Soutomaior) e Rúa Barcelona (Vigo).
Venres 1 de agosto
Arteixo, Cedeira, Bº Sagrada Familia (A Coruña), Ribeira, Viveiro, Verín, Moaña, Zona Herrería (Pontevedra) e Rúa Venezuela (Vigo).
Sábado 2 de agosto
Arteixo, Cedeira, Ribeira, Monterrei e Moaña.

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00
Martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Cómo participar
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...).

A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou   coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario