A Asociación Mulleres en Igualdade foi quen organizou esta
excursión e traballa xa na posta en marcha doutras actividades de lecer e
formativas, anunciando a próxima celebración dun curso de dietética e
nutrición
Dende a asociación estase a traballar para a organización de novas saídas como estas e tamén doutro tipo de actividades formativas e de lecer. Precisamente, a súa presidenta, Ana Martínez Paradela, explica que proximamente celebrase un curso de dietética e nutrición.
Mulleres en Igualdade do Porriño conta na actualidade cunhas 300 asociadas e con representación en cada unha das oito parroquias, tendo o seu local na sede do Partido Popular do Porriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario