· As obras
que se van executar en Barro foron adxudicadas á Hordescon S.L. en 47.000 euros
A Deputación de Pontevedra adxudicou na súa Xunta
de Goberno semanal as obras de pavimentación e mellora de diversos camiños
rurais no concello de Poio e a urbanización e remate da Rúa Areal, no concello
de Barro.
Finalización
da Rúa Areal
No concello de Barro, as obras foron adxudicadas
en 46.785,46 euros á empresa Hordescon S.L. é consistirán na dotación de
servizos e beirarrúas e na reparación do pavimento da Rúa Areal, que na
actualidade se atopa parcialmente urbanizada e que se pretende completar para a
súa posta en servizo.
Os traballos incluirán a reparación da calzada,
dotándoa dunha capa de grixo artificial compactado, sobre a que se aplicará un
rego de imprimación e unha capa de aglomerado en quente. Así mesmo,
completarase a canalización das redes de pluviais, de abastecemento e
saneamento, así como da rede de telecomunicacións e alumeado público; e
completaranse as beirarrúas da marxe esquerda da rúa, con bordo de granito e
firme de formigón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario