- As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez.
- Esta actividade programada en Barro pola AC Fervenza da Barosa, ANPA do IES e BTroula forma parte da divulgación do baile deportivo.
- As clases terán lugar tódolos mércores para menores ata 13 anos e maiores de 13 anos no Centro Cultural en San Antoniño.
- A primeira clases de iniciación ao baile, gratuita, terá lugar o vindeiro día 24 de Setembro.
O vindeiro mércores 24 de Setembro en Barro, tódalas persoas que o desexen terán a
oportunidade de disfrutar dunha clase gratuita de baile de salón e baile
deportivo impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis, e
dirixidas polo director desta asociación Breogán Pérez.
A
partires deste mércores e durante todo o curso, as persoas que o
desexen poderán participar nestas clases de baile deportivo e de salón,
que terán un coste mensual de 15€/persoa. Os horarios serán das 19.30
ata as 21.00 horas para menores de 13 anos. E a partires das 21.00 horas
para maiores de 13 anos. O local donde se celebrarán será o Centro
Cultural de San Antoniño, no local cedido polo Concello de Barro.
As materias que se tratarán e o método das clases variarán en
función da idade dos participantes ( dende os 3 anos aos 13 e maiores de
13).
Esta
actividade inclúese dentro do programa de divulgación do baile
deportivo que BTroula e Fervenza da Barosa acordaron e que culminará coa
celebración do" II TROFEO VAL DO SALNÉS" que se celebrará no vindeiro
ano 2015 en Barro, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis
e a
Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro.Cabe sinalar que no ano 2013, o "I Trofeo AC Fervenza da Barosa" de baile deportivo, congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario