EXPERTOS NO MERCADO ELÉCTRICO ORIENTAN DESDE HOXE AOS USUARIOS SOBRE AS MELLORES OPCIÓNS DE CONTRATACIÓN, TIPOS DE TARIFA E OUTRAS CONSULTAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 2 de septiembre de 2014

EXPERTOS NO MERCADO ELÉCTRICO ORIENTAN DESDE HOXE AOS USUARIOS SOBRE AS MELLORES OPCIÓNS DE CONTRATACIÓN, TIPOS DE TARIFA E OUTRAS CONSULTAS



Deputación e Unión de Consumidores puxeron en marcha unha rede de 10 oficinas distribuídas por toda a provincia
·        Pontevedra, Vigo, Cangas, A Estrada, Cambados, Lalín, Ponteareas, Redondela, Tui e Vilagarcía acollen os centros de atención
·        Entre as primeiras persoas que hoxe acudiron ás oficinas detectouse xa unha elevada porcentaxe de usuarios que estaban no mercado libre sen sabelo
·        Esta rede completa o labor de información realizado nos meses de xuño e xullo, con charlas en 18 concellos da provincia
·        O prezo do quilovatio no mercado regulado situouse entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto en 10,8 céntimos, mentres que o prezo fixo anual que están a ofertar as comercializadoras non baixa dos 14 céntimos
Os usuarios de enerxía eléctrica que desexen coñecer se poden pagar menos na súa factura da luz e como facelo, ou que queiran aclarar calquera dúbida relacionada co mercado eléctrico, dispoñen desde hoxe mesmo dunha rede de 10 oficinas distribuídas por toda a provincia onde recibirán asesoramento individualizado por parte de expertos na materia e que estará aberta, como mínimo, durante os próximos dous meses.
Isto é posible grazas á colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Unión de Consumidores de Galicia, que vén de poñer en marcha a antedita rede de oficinas co obxectivo de contribuír a poñer un pouco de luz no complexo funcionamento do sistema eléctrico español.
Así o anunciaron esta mañá o presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, e o presidente da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo Provincial.
As oficinas situaranse na sede da Deputación en Pontevedra e en Vigo; nas respectivas casas do concello en Cangas, A Estrada, Lalín, Tui e Vilagarcía; en Exposalnés, en Cambados; na Oficina Municipal de Información ao Consumidor en Ponteareas; e no Multiusos da Xunqueira en Redondela, e estarán abertas ao público de 10,00 horas a 14,00 horas, de luns a  venres.
No mercado libre sen sabelo
Nestas primeiras horas de funcionamento das oficinas, detectáronse xa numerosos casos de persoas que estaban no mercado libre sen sabelo. “Veñen a preguntar por qué a eles non lle devolven na factura da luz cando ao seu veciño si lle devolven”, asegurou Miguel López, para quen esta dúbida demostra “que os usuarios están a subscribir contratos sen ser conscientes do que realmente asinan”.
De aí a importancia de poñer en marcha estas oficinas que, tal e como asegurou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, non só asesorarán de forma pormenorizada e individualizada a cada usuario, senón que tramitarán tamén as reclamacións que sexa preciso e oportuno presentar.
Neste sentido, Louzán e López coincidiron na necesidade de poñer luz sobre un mercado que adoeceu sempre de falta de transparencia e na que, segundo afirmaron, agora o goberno central está tratando de “poñer orde”.
Aforro medio
Segundo quedou de manifesto na rolda de prensa, a complexidade do sistema eléctrico e a falta de claridade están a facer que os usuarios que se pasan ao mercado libre non deixen de medrar, situándose na actualidade en 10,5 millóns de españois.
Así, Miguel López asegurou que non se entende “como 10,5 millóns de españois están nun mercado no que pagan máis pola electricidade e que lle garante menos dereitos”.
De feito, os datos indican que os usuarios poderían aforrar uns 200 euros anuais “co contrato axeitado, a tarifa axeitada e a potencia que realmente precisan”.
A modo de exemplo, citou que o prezo da enerxía no mercado regulado se sitúa no período do 1 de xaneiro ao 31 de agosto en 10,8 céntimos o quilowatio, mentres que a oferta de prezo anual fixo que as comercializadoras de referencia están a facer non baixa dos 14 céntimos. Iso supón que, nun fogar medio con 4.000 kilowatios de consumo ao ano suporá un aforro de 120 euros.
Análise detallada e comparativas
Por iso, cada un dos usuarios que acuda ás oficinas de asesoramento sairá delas con información detallada que lle permitirá “tomar unha decisión racional, baseada en datos reais”.
Os técnicos da Unión de Consumidores especialistas no mercado eléctrico analizarán “o seu contrato, a súa factura, o seu histórico de consumo e exporanlle a esa persoa as distintas opcións do mercado actual: prezos por tarifas horarias, das distintas das comercializadoras de referencia… e sairá das oficinas levando esa información detallada en termos económicos dos custes que lle pode supor estar no mercado equivocado, ter o contrato equivocado e a potencia equivocada”.
Para ofrecerlle o mellor asesoramento, os usuarios poderán acudir ás oficinas de luns a venres de 10 a 14 horas co maior número posible de facturas.
Charlas informativas
Miguel López e Rafael Louzán incidiron na necesidade de facilitarlle toda esa información aos usuarios, que a miúdo carecen de información básica como “de quen son clientes, en que mercado están, que tarifa teñen contratada e que posibilidades teñen de aforrar nas súas facturas”.
De feito, foron xa numerosas as persoas que obtiveron esa información básica nas charlas que durante os meses de xuño e xullo se desenvolveron en 18 concellos da provincia, como primeira parte desta campaña.
Nesas charlas informativas, as dúbidas máis repetidas referíanse a se os usuarios estaban no mercado regulado ou no libre; se era necesario substituír os contadores analóxicos por dixitais (cando, quen o debe facer, quen o ten que pagar …); a existencia da tarifa de Último Recurso (Bono Social) á que moitos asistentes poderían acollerse pero da que descoñecían a existencia; as posibilidades de cambio de tarifa e como facelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario