En Barro 2. A DEPUTACIÓN FINANCIA PRETO DE 350 ACTIVIDADES CULTURAIS ORGANIZADAS POR ASOCIACIÓNS DE TODA A PROVINCIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 28 de septiembre de 2014

En Barro 2. A DEPUTACIÓN FINANCIA PRETO DE 350 ACTIVIDADES CULTURAIS ORGANIZADAS POR ASOCIACIÓNS DE TODA A PROVINCIA



Na comarca de Pontevedra subvencionáronse eventos organizados por 42 entidades, cunha achega de 34.874,00 €


A Deputación de Pontevedra concedeu axudas por un total de 280.000 euros a 337 asociacións e entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia para o financiamento de outras tantas actividades culturais.
As actividades financiadas inclúen intercambios culturais, celebracións tradicionais, festivais, xuntanzas, concertos, ciclos musicais, teatro, exposicións, certames, congresos e concursos, entre outros moitos eventos.
Pontevedra é o segundo municipio con maior número de actividades, con 27 eventos subvencionados, organizados por outras tantas asociacións. Só a supera Vigo, cun total de 66 actos.
No conxunto da comarca de Pontevedra, son 42 as axudas distribuídas para o financiamento doutros tantos actos, cunha contía total de 34.874,00 €.
Ademais dos 27 actos subvencionados en Pontevedra, contan co apoio da Deputación 5 entidades de Ponte Caldelas, 4 de Poio, 3 de Cotobade; 2 de Barro e 1 de Campo Lameiro.


CONCELLO
ASOCIACIÓN
ACTIVIDADE
AXUDA
Barro
Asoc.  Héroes da Ponte do Río Barosa
Letras galegas 2014
             791,00 €
Barro
Asoc. Cultural Coral Polifónica de Barro
XIII Xuntanza de corais
             752,00 €
BARRO
2

          1.543,00 €

No hay comentarios:

Publicar un comentario