A semana do 22 ao 28 de setembro revelouse
como unha semana transcendente para o Emprego na Deputación de Pontevedra. Ao
longo dela tiveron lugar os seguintes feitos:
·
Aprobouse hoxe, venres, un convenio coa Fundación Incyde para
celebrar o vindeiro mes de abril en
Pontevedra un Congreso Internacional de Viveiros de Emprego que achegará a
600 viveiristas-pequenos emprendedores de España e Europa
·
Acordo na xunta de goberno de hoxe para adxudicar o vindeiro 3
de outubro a construcción de dous
Viveiros de Empresas en Barro-Meis e Lalín cunha inversión de 2,5 millóns €
·
O luns 22, martes 23 e mércores 24 asinaronse 500 contratos para que xoves titulados, sin
experiencia laboral previa, realicen
prácticas remuneradas, a partir do vindeiro 1 de outubro, en empresas da
provincia dentro do Plan Practica Laboral II. A esto sumánse outros
500 xoves que xa traballan dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.
·
O xoves asinaronse 45
contratos de FP dual polos que xoves estudantes de Hostelería
compatibilizan formación teórica e práctica en 45 hoteis da cadena Hotusa en
establecementos de España e Alemania
·
Hoxe venres acordouse no Pleno poñer á venta 66 parcelas do polígono de Barro-Meis a 105 €/m2. As
parcelas ocupan 237.354 m2 e, en próximos días, a súa venta suporá a ocupación
total do polígono, según afirmou hoxe o presidente Rafael Louzán.
(VENRES)
CONVENIO DEPUTACIÓN-INCYDE PARA A CELEBRACIÓN EN ABRIL
DUN ENCONTRO INTERNACIONAL DE VIVEIROS DE EMPRESAS EN PONTEVEDRA
1.- Louzán e Javier Collado, director xeral
de Incyde, asinaron hoxe un convenio para celebrar en abril un <Encontro
Internacional de Viveiros de Empresas> en Pontevedra.
2.- O Encontro, que terá especial
sensibilidade hacia sectores estratéxicos de Pontevedra (como o vitivinícola),
desenvolverá as seguintes actuacións:
·
Xornadas e grupos de traballo, orientadas a xestores dos
Viveiros de Empresas, sobre organización, xestión, financiación e políticas de
emprendemento.
·
Acceso á financiación para as empresas viveiristas
·
Desenrolo de experiencias internacionais comparadas
·
Xornadas Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico
·
“Networking” activo (rede de contactos e oportunidades de
negocio) entre os asistentes.
3.- Participarán membros da Rede de Viveiros
Empresariais de Incyde, a maior de Europa, con 96 Viveiros funcionando e 15 en
construcción, todos financiados a través dos Fondos Feder.
·
Dende o 2002, Incyde (coas Cámaras e as institucións) creou
2.800 MicroPemes. Por eso recibeu o premio de Boas Prácticas polos Fondos Feder
e a Comisión Europea.
·
Agora, Europa enfoca as súas estratexias de desenrolo, para o
periodo 2014-2020, hacia o crecemento intelixente e innovador das MicroPemes,
fomentando o intercambio e a cooperación entre xoves emprendedores para
reforzar o tecido produtivo de cada país e recuperar o talento emigrado.
(VENRES)
CONSTRUCCIÓN POR 2,5 MILLÓNS DE DOUS VIVEIROS DE EMPRESAS EN BARRO-MEIS E LALÍN
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra deu hoxe o
visto bó para a adxudicación da construcción de dous Viveiros de Empresas nos
polígonos industriais de Barro-Meis e Lalín por un importe de 2,5 millóns de
euros financiados entre a Fundación Incyde e a propia Deputación.
Ao concurso presentaronse 30 empresas. As obras de
construcción iniciaránse en outubro e o espazo estará dispoñible para os
emprendedores na vindeira primavera.
O viveiro de empresas de Barro-Meis situaráse nunha
parcela de máis de 5.000 m2 e centrará o seu peso nas “naves-nido” para un tipo
de proxecto empresarial orientado á produción; á industria; a talleres …, e cun
menor espazo dedicado a oficinas. O
concurso de ideas para o proxecto constructivo foi gañado polos arquitectos vigueses
Juan B. Pons e Lucas Gándara.
O de Lalín, disporá dunha maior variedade de oficinas
–para adaptarse a diferentes proxectos empresariais que requiren máis de medios
tecnolóxicos que de espazo–, aínda que tamén contará con naves-nido. O edificio
ocupará unha parcela de 2.000 m2 e terá unha superficie construida de 1.600 m2
en dúas alturas
Nos dous
casos, e para dar maior flexibilidade e capacidade de adaptación ás necesidades
dos emprendedores, os dous edificios terán un carácter modular, para que poidan
ser facilmente adecuarse aos proxectos que neles se instalen e para poder ser
ampliados en caso de necesidade.
(LUNS E
MARTES) COMEZA O PROCESO DE SELECCIÓN DE EMPRESA POR PARTE DOS PRETO DE 500
BOLSEIROS DO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS
Entre hoxe e mañá, preto de 500 bolseiros elixirán a empresa na que van
desenvolver un ano de prácticas, financiadas pola Deputación de Pontevedra no
mar co II Plan de Práctica Laboral.
O Salón de Plenos da Administración Provincial acolleu esta mañá á primeira
quenda de bolseiros, correspondentes a 62 titulacións e pola tarde será o turno
dos titulados de dúas das especialidades máis demandadas, que son o Ciclo
superior en Administración e Finanzas e da Licenciatura e grao en
Administración e Dirección de Empresas.
En total, case 300 mozos e mozas aos que mañá se sumará a última quenda,
con 45 titulacións diferentes e bolseiros ata completar un total de 500
titulados que van ter a súa primeira oportunidade laboral na profesión para a
que se formaron.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán destacou que, cos que agora
participan neste II Plan de Práctica Laboral na empresa privada, esta iniciativa, “única en España”, leva xa
facilitado o acceso ao mercado de traballo “a preto de 2.000 pontevedreses con
titulacións universitarias ou de FP”.
Unha experiencia moi necesaria
A busca de experiencia que lle facilite o acceso a un posto de traballo na
especialidade para a que se formaron é o obxectivo principal dos mozos e mozas
que se apuntaron a este plan da Deputación.
Moitos deles xa coñecen o seu funcionamento porque contan con amigos que se
acolleron ás anteriores edicións do plan, tanto na súa primeira versión, na que
se ofertaban prazas en centros da administración pública tanto da Deputación
como dos concellos, como no de prácticas en empresas, no que xa están
traballando 500 mozos e mozas noutras tantas empresas da provincia.
Bolsas de un ano
Todos eles comezarán as súas prácticas o vindeiro un de outubro, con bolsas
de seis meses prorrogables por un ano.
A contía da bolsa é de 800 euros para titulados universitarios e de 700
para titulados de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que
tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos.
(XOVES) 42 ALUMNOS DOS CICLOS DE FP DUAL
COMEZAN A SÚA FORMACIÓN PRÁCTICA EN HOTEIS DE ESPAÑA E ALEMAÑA
· Recibirán formación e traballarán en
18 d0s principais establecementos da cadea Eurostars durante un período de 9
meses
42 alumnos e
alumnas dos ciclos superiores de FP Dual postos en marcha pola Deputación, a
Consellería de Educación e o Grupo Arlea Hotels (Hotusa), comezan a súa
formación práctica en 18 hoteis da cadea
Eurostars en España e Alemaña.
Trátase de 15
estudantes de Dirección de Cociña, 15 de Xestión de Aloxamentos Turísticos, e
12 de Dirección de Servizos de Restauración. Recibiron os seus contratos de
máns do presidente da Deputación, Rafael Louzán, do director xeral de FP,
Manuel Corredoira, e do directivo de Hotusa, José María Barral Puig.
Dos 42
estudantes que agora inician a súa formación, 11 farano en Munich -7 no hotel Eurostars Grand Central e 4 no Eurostars
Book Hotel-; 15 en Barcelona -8 no Grand Marina, 2 no Cristal Palace, 1 no
Monumental, 1 no Eurostars Angli, 1 no BCN Desing, 1 no EXE Laietana Palace e
outro no Eurostars Ramblas-; 3 no Eurostars Palace de Córdoba; 6 no hotel
Reconquista de Oviedo; e 7 alumnos en establecementos de Galicia.
Estarán 3 no
Hotel San Lázaro de Santiago; 1 no Monte do Gozo, tamén en Santiago; 1 no Mar
de Vigo; e 2 no Ciudad de La Coruña.
Todos eles
recibiron hoxe os datos do centro no que van realizar as prácticas; o contacto
das persoas que exercerán de titores no seu destino; as tarxetas de embarque para os que se dirixen a Barcelona,
Munich, Madrid e Córdoba e os billetes de autobús para os de Oviedo.
A formación
práctica que agora inician en hoteis de Hotusa
vai ter unha duración de 9 meses, cunha xornada de 30 horas semanais nas que se
combinará formación e traballo.
O ciclo
complétase cos 2 meses de formación presencial no CIFP Carlos Oroza e 6 meses
de formación a distancia, con 15 horas de dedicación semanal ao curso. En
total, dous anos de formación durante os cales os mozos e mozas que participan
nestes cursos non só obteñen formación teórica e prácticas nun contorno real de
traballo, senón que perciben unha remuneración de 500 euros mensuais.
(VENRES) O PLENO DA DEPUTACIÓN ACORDA A VENTA OU A CONSTITUCIÓN
DUN DEREITO DE SUPERFICIE EN 66 PARCELAS DE BARRO-MEIS QUE SERÁN ENAXENADAS A
105 € O METRO CADRADO
O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou
hoxe, cos votos a favor do PP e BNG e a abstención do PSOE, o novo pliego de
claúsulas económico-administrativas que rexirán a enaxenación ou constitución
do dereito de superficie, mediante concurso público, de 66 parcelas resultantes
do proxecto de parcelación do plan de sectorización do solo urbanizable
industrial Outeda-Curro, no polígono de Barro-Meis.
As 66 parcelas
ocupan un total de 237.354 metros cadrados e o seu prezo será de 105 euros por
metro cadrado, Ive excluido.
As citadas parcelas
poderán ser obxecto _a opción e proposta dos licitadores interesados_ de
transmisión ou adquisición do dereito de propiedade, ou ben de constitución dun
dereito de superficie por un plazo mínimo de 5 anos e un máximo de 25.
As variacións deste
novo pliego, hoxe aprobado, con respecto aos que rexiron en anteriores
licitacións, son as seguintes:
·
Será posible introducir a posibilidade de constituir un dereito
de superficie con opción a compra das parcelas
·
Modificaráse o IVE do 16% e do 18% polo 21% de imperativo legal
·
O prezo do metro cadrado queda establecido en 105 euros
·
Amplíanse os plazos de pago, nos casos de cantidades aplazadas,
ata un máximo de 10 anos.
·
Os actuáis propietarios de parcelas resultantes de anteriores
concursos públicos poderán acollerse ás mesmas condicións que establece o
pliego hoxe aprobado para o aplazamento do prezo de compra-venta pendiente de
pago na actualidade.
Coa aprobación das novas
condicións sobre as mencionadas 66 parcelas, a Deputación de Pontevedra busca
fomentar o desenvolvemento económico e social da provincia ao destinar estes
terreos á implantación de iniciativas empresariais que favorezcan a creación de
emprego e a realización de inversións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario