Como consecuencia da
entrada en vigor da normativa SEPA, que limita a un máximo de 140 caracteres os
datos incluídos na emisión de recibos
·
O obxectivo é
facilitarlle aos contribuíntes toda a información relativa ás taxas e impostos
que agora non pode ser incluída no documento de domiciliación
·
Preto do 50% dos
recibos que xestiona o ORAL están domiciliados
O ORAL vén de activar un
novo servizo na oficina virtual que permite aos contribuíntes consultar toda a
información relativa aos seus recibos domiciliados.
Esta nova aplicación
ponse en marcha a raíz da entrada en vigor da normativa da Zona Única de Pagos
en Euros, coñecida polas súas siglas en inglés SEPA (Single Euro Payments
Area).
Esta nova norma supón que
as entidades que emiten recibos a través de entidades bancarias, como é o caso
do ORAL, non poidan utilizar máis de 140 caracteres nos documentos de cobro (un
75% menos do espazo que tiñan antes da aplicación da SEPA), o que impide
incluír moitos detalles que ata o de agora si aparecían nos recibos.
Co obxectivo de que toda
esa información sexa accesible aos contribuíntes da forma máis rápida, sinxela
e sen necesidade de documentos de autenticación, a páxina da Oficina Virtual do
ORAL (http://oral.depo.es/) inclúe un enlace
a Detalle de recibos domiciliados no
que, co número de NIF e a referencia que figuran no adeudo bancario, o
contribuínte poderá consultar e imprimir todos os detalles do seu recibo.
En total son uns 575.000
os recibos que poderán consultarse a través desta aplicación, xa que en 2013, o
ORAL xestionou 574.169 recibos domiciliados, preto do 50% do total de
documentos que tramita.
Esta fórmula súmase ás
posibilidades xa existentes ata o de agora (como a consulta presencial ou vía
telefónica nas oficinas do ORAL, o correo electrónico -información.oral@depo.es- ou a
utilización do certificado dixital ou DNI electrónico) e ten a vantaxe de non
requirir desprazamentos nin certificados dixitais, ademais de permitir obter
unha resposta inmediata, sen necesidade de esperas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario