Van dirixidos a maiores
de 50 anos, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar
Preto de 5.000 persoas
(4.923) van poder disfrutar nos vindeiros meses de estadías en balnearios e centros termais da provincia de
Pontevedra no marco dos programas Saúde e Benestar e Coidarte.
Aos 3.199 inscritos no
programa Saúde e Benestar, que inclúe estadías con aloxamento, súmanse
os 1.724 que xa confirmaron a súa participación en Coidarte, que inclúe
5 tardes en balnearios con viaxe de ida e volta diario.
Son dúas iniciativas da
Deputación que teñen unha elevada demanda, porque lle permiten aos
beneficiarios disfrutar dos beneficios dos establecementos termais a prezos
reducidos.
Os dous programas van dirixidos
a persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou dedicadas ao coidado de
dependentes que precisen dun respiro familiar e ten un dobre obxectivo: fomentar o envellecemento activo e ofertar
a este colectivo oportunidades de descanso e de lecer a un prezo asequible, e,
pola outra, dinamizar o sector turístico, facilitando a actividade económica
neste sector en temporada baixa.
No caso do programa Coidarte, os balnearios máis
demandados son o Termas de Cuntis (con máis de 600 solicitudes), seguido do de
Mondariz Balneario (preto de 400);
Hesperia Isla de la Toja, con 323 solicitudes e o Talaso Atlántico de
Oia, con 153.
Ao Torre do Deza de Lalín irán 30 persoas, a Talaso
Spa Moaña 45; e ao Spa Norat de O Grove, 63.
En canto aos
participantes no programa Saúde e Benestar, ofertaba prazas en 9 establecementos, sendo os máis demandados o Balneario
Illa de A Toxa, con 488 solicitudes; o Gran Talaso de Sanxenxo, con 275 solicitudes, o Talaso Atlántico de Oia,
con 272 solicitudes e o Talaso Louxo A
Toxa, con 252 solicitudes.
As demais prazas
distribúense entre os Spa Via Argentum de Silleda; Nanín Playa, de Sanxenxo; Norat,
de O Grove; Oca Galatea e Carlos I
Silgar en Sanxenxo .
No hay comentarios:
Publicar un comentario