Mañán a lista de admitidos. PRETO DE 500 TITULADOS COMEZARÁN AS SÚAS PRÁCTICAS EN EMPRESAS O 1 DE OUTUBRO, NO MARCO DO PLAN IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 1 de septiembre de 2014

Mañán a lista de admitidos. PRETO DE 500 TITULADOS COMEZARÁN AS SÚAS PRÁCTICAS EN EMPRESAS O 1 DE OUTUBRO, NO MARCO DO PLAN IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN



O 2 de setembro publicarase a lista definitiva de admitidos e excluídos
PRETO DE 500 TITULADOS COMEZARÁN AS SÚAS PRÁCTICAS EN EMPRESAS O 1 DE OUTUBRO, NO MARCO DO PLAN IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN
·       Traballarán durante un ano en empresas de toda a provincia
·       Non se presentaron candidatos para 39 das prazas convocadas
Preto de 500 novos titulados universitarios e de FP terán a súa primeira oportunidade laboral a partir do 1 de outubro, no marco do II Plan de Práctica Laboral en empresas privadas que pon en marcha a Deputación de Pontevedra.
O presidente da institución, Rafael Louzán, anunciou esta mañá que o vindeiro martes, 2 de setembro, publicarase a lista definitiva de candidatos admitidos e excluídos co correspondente orde de puntuación.
Dos 2.447 titulados que presentaron solicitude para beneficiarse deste plan, foron admitidos 2.014 e deles, serán convocados para unha entrevista os 968 de máis titulación. Trátase, asegurou Louzán, de convocar a un mínimo de dous candidatos por praza para que, no caso de que o candidato con maior puntuación non poida ou non desexe acollerse á bolsa, entre automaticamente o segundo con maior puntuación.
Unha vez realizadas as entrevistas persoais, os bolseiros poderán elixir a empresa na que desexan realizar as súas prácticas entre o 22 e o 24 de setembro, co obxectivo de formalizar a bolsa o 30 do mesmo mes e poder comezar o seu labor o a de outubro.
39 vacantes
O titular da Deputación informou, ademais, de que 39 das bolsas convocadas están nestes momentos sen cubrir, por non terse presentado ningún candidato coa titulación requirida.
Trátase de 39 prazas de 13 titulacións diferentes que, co  “obxectivo de que non perder estas bolsas e de darlle unha oportunidade máis aos titulados que presentaron solicitudes”, se intentarán cubrir con titulados doutros perfís.
Neste sentido, ofreceráselle ás empresas a posibilidade de cambiar a titulación demandada por outra similar e que poida dar adecuarse ao programa de prácticas.
Bolsas de un ano
Os bolseiros que se beneficiarán deste plan son titulados universitarios e de formación profesional que finalizaron os estudos despois do 1 de xaneiro de 2005 e que non teñen experiencia laboral previa na titulación na que van realizar as prácticas.
As bolsas, cun ano de duración (seis meses prorrogables por outros seis) serán de 800 euros mensuais para os titulados universitarios e de 700 euros para os de ciclos superiores.
LISTADO DE TITULACIÓNS SEN CANDIDATOS
TITULACIÓNS SEN CANDIDATOS
1
CICLO SUPERIOR EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB
2
CICLO SUPERIOR EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB CON INGLÉS
3
CICLO SUPERIOR EN DIRECCIÓN DE COCIÑA
4
CICLO SUPERIOR EN DIRECCIÓN DE SERVICIOS DE RESTAURACIÓN
5
CICLO SUPERIOR EN ESTÉTICA INTEGRAL E BENESTAR
6
CICLO SUPERIOR EN MÁRKETING E PUBLICIDADE
7
CICLO SUPERIOR EN PAISAXISMO E MEDIO NATURAL
8
CICLO SUPERIOR EN VITIVINICULTURA
9
CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS AGROPECUARIAS
10
DIPLOMATURA/GRAO EN TERAPIA OCUPACIONAL
11
ENXEÑERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE SISTEMAS
12
ENXEÑERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE XESTIÓN
13
ENXEÑERÍA/GRAO EN INFORMÁTICA
14
ENXEÑERÍA/GRAO EN INFORMÁTICA CON INGLÉS
15
LICENCIATURA/GRAO EN FARMACIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario