§ O pasado venres o Diario Oficial de Galicia recolle
o concurso público que permitirá a renovación da flota de vehículos de ADOS e
que ten unha partida orzamentaria de 599.918 euros
A Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue (ADOS) anuncia a próxima posta en servizo de dúas novas unidades móbiles
destinadas a facilitar o acceso dos cidadáns ao solidario xesto da doazón de
sangue. Estas novas unidades móbiles permitiran a modernización da actual flota
de vehículos de ADOS, que conta con dez unidades móbiles en actividade que
permiten o acceso dos cidadáns a este xesto solidario.
O Diario Oficial de
Galicia do pasado venres 20 de outubro recolle o anuncio polo cal se convoca o
concurso público para a subministración dos dous novos vehículos, cunha partida
orzamentaria de 599.918 euros.
O prazo de execución
do concurso está establecido en seis meses dende a sinatura do contrato, polo
que ADOS estima que a posta en funcionamento das novas unidades móbiles terá
lugar ao longo do vindeiro ano 2018.
Autonomía e
comodidade
Os novos vehículos
disporán de subministro eléctrico autónomo e sistema de climatización, así como
a máis moderna tecnoloxía que garanta a máxima seguridade e confort para que os
cidadáns podan realizar a súa doazón de sangue.
Así mesmo, as
unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, cunhas dimensións de
12,2 metros de lonxitude e 3,4 metros de altura, estarán divididas en tres
espazos: un área de recoñecemento medico, unha sala de doazón con capacidade
para seis padiolas e un área de refrixerio.
A Consellería de
Sanidade e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salientan a importancia da
mellora na prestación do servizo aos cidadáns mediante a contratación destas
novas unidades móbiles, lembrando que, na actualidade, case o 85% das máis de
111.000 doazóns de sangue que se recollen anualmente en Galicia, rexístranse
nestes vehículos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario