A COORDINACIÓN AUTONÓMICA DE TRANSPLANTES DE ADOS RECIBE O PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN ORAL NO XXXII REUNIÓN NACIONAL DE COORDINADORES DE TRANSPLANTES - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 1 de noviembre de 2017

A COORDINACIÓN AUTONÓMICA DE TRANSPLANTES DE ADOS RECIBE O PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN ORAL NO XXXII REUNIÓN NACIONAL DE COORDINADORES DE TRANSPLANTES





§  O congreso, que tivo lugar a pasada semana en Santander, salientou  a calidade do traballo “Análise de resultados en entrevista á doazón de órganos (2012-2016): aspectos da realidade galega”

A Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) obtivo a pasada semana o premio á mellor comunicación oral na XXXII Reunión Nacional de Coordinadores de Transplantes.

A xuntanza, que tivo lugar en Santander, contou coa participación dos coordinadores de transplantes de toda España e, entre os traballos presentados, seleccionou a comunicación oral “Análise de resultados en entrevista á doazón de órganos (2012-2016): aspectos da realidade galega”, que elaboraron os profesionais de Coordinación de Transplantes de Galicia de ADOS e os coordinadores hospitalarios de transplantes do sistema público de saúde de Galicia.

Análise de entrevistas
A comunicación galardoada aborda distintos aspectos que teñen por obxectivo coñecer os factores que motivan a negativa á doazón de órganos en Galicia ao longo dos anos 2012-1026 e que, neste período, sitúase entre un 20 e un 29%. Este estudo recolle información sobre 674 entrevistas familiares de doentes en situación de morte encefálica, incidindo especialmente naqueles casos nos que non se obtivo consentimento para a doazón de órganos.

O traballo galardoado conclúe que, estatisticamente, o tamaño da poboación na que reside o potencial doador pode condicionar o consentimento á doazón de órganos, xa que, aqueles núcleos xeográficos con menor número de habitantes teñen un peso substancial no perfil dos non doadores debido á influencia das crenzas culturais en torno á morte, máis predominante nas zonas do ámbito rural galego.

Neste sentido, desde a Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS estase a realizar un intenso traballo de información para tentar diminuír a actual taxa de negativas familiares á doazón de órganos e acadar un maior nivel de sensibilización a prol deste xesto solidario na sociedade galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario