A VINDEIRA SEMANA TERÁ LUGAR A CAMPAÑA DIVULGATIVA DE FOMENTO DOS SEGUROS AGRARIOS NO VIÑEDO QUE PROMOVE MEDIO RURAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 11 de noviembre de 2017

A VINDEIRA SEMANA TERÁ LUGAR A CAMPAÑA DIVULGATIVA DE FOMENTO DOS SEGUROS AGRARIOS NO VIÑEDO QUE PROMOVE MEDIO RURAL





  • Haberá xornadas informativas nas cinco denominacións vitivinícolas de Galicia, empezando por este luns no Ribeiro e Monterrei e continuando o martes en Ribeira Sacra e Valdeorras, para finalizar o día 20 en Rías Baixas

Tal e como estaba previsto, a vindeira semana desenvolverase a campaña divulgativa promovida pola Consellería do Medio Rural para fomentar a contratación de seguros agrarios no sector vitivinícola galego. Así, o luns día 13 comezarán as xornadas informativas para os viticultores das denominacións de orixe do Ribeiro e Monterrei. No primeiro caso (DO Ribeiro), terán lugar ás 16,30 horas na Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia. Para os profesionais da DO Monterrei a cita será ás 19,00 horas na Casa da Cultura de Verín.

A continuación, o martes 14 celebraranse tamén charlas divulgativas para os consellos reguladores de Ribeira Sacra (ás 16,00 horas no Centro do Viño de Monforte de Lemos) e Valdeorras (ás 19,00 horas no Centro Cultural Avenida da Rúa). Por último, o luns 20 haberá unha xornada para os agricultores da denominación de orixe Rías Baixas. Terá lugar ás 19,30 horas no Auditorio da Xuventude de Cambados.

As charlas serán impartidas por técnicos da Consellería do Medio Rural e representantes de Agroseguro e de Enesa (Entidade Estatal de Seguros Agrarios). As xornadas programáronse nestas datas para non entorpecer os traballos da vendima e para facelas coincidir co prazo para asegurar as producións, que se prolonga dende outubro a finais de decembro de cada ano.

Compromiso
A realización desta campaña é un compromiso adquirido pola consellería no seo do grupo de traballo creado ao efecto dentro da Comisión Territorial de Seguros Agrarios. O obxectivo destas charlas é reforzar a toma de conciencia por parte dos agricultores sobre a necesidade de subscribir este tipo de pólizas, mellorando así o grao de aseguramento no campo galego.

Neste sentido, cómpre lembrar que Medio Rural destina este ano 4,7 millóns de euros a financiar a contratación de pólizas. Ademais, publicouse unha orde específica para os afectados polo pedrazo e as xeadas, tanto para os cultivos de pataca como de uva ou castaña, e a Xunta solicitará tamén ao Goberno central a realización de desgravacións no IRPF para os agricultores damnificados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario