O delegado territorial en Pontevedra destacou que se celebrarán o 27 e 28 de novembro e centraranse en normativa da accesibilidade e atención ao cliente con discapacidade
O delegado
territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recordou que
continúa aberta a matrícula para dous cursos centrados en accesibilidade
turística que serán impartidos pola Axencia Galega de Turismo no edificio
administrativo de Campolongo.
Trátase dos
cursos ‘Normativa e avaliación da accesibilidade’ e ‘Turismo accesible e
atención ao cliente con discapacidade e outras necesidades diversas’.
Deste
xeito, tal e como explicou José Manuel Cores Tourís, Turismo de Galicia
organiza en este mes de novembro na Delegación Territorial da Xunta en
Pontevedra dous cursos para fomentar a accesibilidade turística na Comunidade
galega destinados a profesionais de empresas turísticas e estudantes de
titulacións relacionadas coa actividade turística e a hostalaría.
Este
programa docente inclúe o desenvolvemento dos cursos Recursos públicos e
privados que fomentan a accesibilidade turística, Normativa e avaliación da
accesibilidade e Turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade e
outras necesidades diversas.
O curso
Normativa e avaliación da accesibilidade impartirase o día 28, en Pontevedra,.
O programa destinarase a ofrecer ferramentas para diagnosticar a accesibilidade
dos establecementos turísticos, coñecer a normativa, así como as principais
necesidades das persoas con discapacidade no ámbito turístico.
Previamente,
o 27, en Pontevedra, terá lugar o curso
Turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade e outras necesidades
diversas. Neste caso, os obxectivos pasan por dar a coñecer as vantaxes
económicas e sociais que o turismo accesible lle ofrece ao sector así como
poñer en valor as necesidades que se deben cubrir para conseguir a plena
integración das persoas con discapacidade no uso das infraestruturas e servizos
turísticos. A inscrición online para todos os cursos está aberta na páxina web
de Turismo de Galicia.
Esta
iniciativa enmárcanse nas actividades previstas no Plan de accesibilidade
turística de Galicia e do Camiño de Santiago, co que a Administración
autonómica está a traballar para a consecución dun destino cada vez máis
integrador e accesible. Este Plan é un compromiso plasmado na Estratexia do turismo
de Galicia 2020, deseñada para acompañar o crecemento ordenado e planificado de
viaxeiros coa vista posta no Xacobeo 2021 e alíñase, ademais, co Plan director
e estratéxico do Camiño de Santiago.
Esta
estratexia turística proporciona ao destino e ao sector galego o soporte e as
ferramentas adecuadas para avanzar en cuestións de accesibilidade universal,
entre as que se inclúe a formación do sector como unha das liñas de actuación.
Os interesados poden obter máis información no enlace https://www.turismo.gal/espazo-profesional/actualidade/detalle-nova?langId=es_ES&content=nova_1314.html
SAÚDOS,
GABINETE DE
COMUNICACIÓN DA DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN PONTEVEDRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario