A
conselleira de Infraestruturas e Vivenda participou hoxe en Pontevedra
no acto conmemorativo do Día mundial en lembranza das vítimas de accidentes de
tráfico
§ Destaca o compromiso do Goberno galego de traballar para
que as estradas sexan cada vez máis seguras con iniciativas como a estratexia
de eliminación dos treitos de concentración de accidentes
§ Salienta a necesidade de formar aos máis cativos na
seguridade viaria trasladando xa desde o entorno familiar os riscos que entraña
a conduta irresponsable na estrada
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, fixo hoxe un chamamento
ao conxunto da sociedade co fin de “implicarnos e traballar arreo para espertar
e mover conciencias para potenciar valores como o respecto, a prudencia e a
responsabilidade”, co obxectivo de facer extensiva a cultura da seguridade
viaria.
A titular de Infraestruturas
e Vivenda do Goberno galego participou hoxe en Pontevedra no acto conmemorativo
do Día mundial en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico, un evento no
que lembrou que cada cidadán pode sumarse ao “compromiso pola vida e á loita
para reducir a sinistralidade viaria”.
Ethel Vázquez remarcou a
obriga das administracións públicas de liderar esta loita, poñendo todos os
medios ao seu alcance para incrementar a
seguridade nas estradas e prestando especial atención aos usuarios máis
vulnerables das mesmas, como son os peóns, os ciclistas, os motoristas ou os
peregrinos, ademais dos nenos e maiores.
A conselleira puxo en valor
o pleno compromiso do Goberno da Xunta con esta materia e asegurou que o seu
departamento continuará traballando na mesma dirección de forma decidida. Entre
as novas liñas de actuación, sinalou a estratexia para a eliminación de treitos
de concentración de accidentes nas estradas autonómicas.
Finalmente, Ethel Vázquez
referiuse á necesidade de formar os máis cativos na seguridade viaria,
transmitindo xa desde o entorno familiar os riscos que entraña unha conducta
irresponsable na estrada. “Porque os nenos aprenden e imitan o que viven e o
que ven. Collen como modelo os comportamentos dos adultos. E por iso é tan
importante que nós, como nais, como pais, como familiares ou amigos deses nenos
e mozos, sexamos un bo exemplo para eles”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario