AUGAS DE GALICIA FIXARÁ COS CONCELLOS METAS CONCRETAS DE REDUCIÓN DE CONSUMO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 18 de noviembre de 2017

AUGAS DE GALICIA FIXARÁ COS CONCELLOS METAS CONCRETAS DE REDUCIÓN DE CONSUMO






§    O director de Augas de Galicia presidiu unha reunión de coordinación cos concellos que se abastecen do sistema do río Lérez e da Ría de Pontevedra, na que lles solicitou información sobre os seus usos e consumos
§    Roberto Rodríguez trasladou a colaboración da Xunta para fixar medidas homoxéneas para todos os concellos, como evitar o baldeo de rúas o rego de xardíns, e específicas, cuxo axuste estará ligado aos datos de consumo dos distintos usos de cada concello

 O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, presidiu esta mañá a reunión de coordinación cos concellos afectados pola activación da alerta por seca no sistema do Lérez e Ría de Pontevedra, na que lles trasladou a colaboración de Augas de Galicia para establecer con cada un dos concellos obxectivos e metas concretas para reducir o consumo.

O director de Augas de Galicia indicou que na actualidade o abastecemento á poboación está garantido, pero que este non é ilimitado e para paliar os posibles efectos desta situación debe producirse un incremento das achegas hídricas, situación que non depende das administracións; ou ben reducir o consumo, empezando por aqueles que non son prioritarios.

Rodríguez Martínez indicou que os concellos teñen un papel fundamental na xestión dos recursos dispoñibles, xa que son os xestores da rede de abastecemento; polo que a Xunta brindou a total colaboración para analizar coa administración local que usos non son prioritarios e orientalos na adopción de medidas.

Tal e como lles explicou o representante da Consellería de Medio Ambiente estas serán de dous tipos: homoxéneas, como o baldeo de rúas, evitar o rego de xardíns, reducir a presión de rede... que poden ser adoptadas por todos os concellos do sistema; e específicas, que estarán fixadas en función do consumo dos distintos usos de cada concello. Para a toma de decisións conxuntas “é necesario contar coa información detallada sobre os usos e consumos de cada concello e así fixar as medidas necesarias e efectivas”, concluíu o director Rodríguez Martínez.

Neste encontro, o director de Augas de Galicia explicou cal é a situación actual do sistema (polo río Lérez circula un 95% menos do caudal habitual para esta semana do ano, onde xa debería ter crecido o caudal) e os pasos que se foron dando ata declarar a alerta por seca a comezos deste mes.

Nese sentido, entre as medidas propostas pola Xunta, destaca a limitación da captación de Ence no río Lérez. Con este medida, unicamente poderá o 50% do caudal que ten concedido, xa que os consumos industriais (diferentes ao da acuicultura ou a produción hidroeléctrica, como é o caso de Ence) ocupan o posto número cinco entre as prioridades establecidas no Plan Hidrolóxico, sendo a primeira o abastecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario