A Deputación pon en marcha o programa “+Música”, dotado con 600.000 euros para levar a cultura musical a toda a provincia - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 5 de febrero de 2024

A Deputación pon en marcha o programa “+Música”, dotado con 600.000 euros para levar a cultura musical a toda a provincia

O programa ten por obxectivo apoiar a programación artística nos concellos de menos de 50.000 habitantes poñendo á súa disposición grupos e artistas en lingua galega

O Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as bases de “+Música”, o programa dotado con 600.000 euros para apoiar a programación artística nos concellos de menos de 50.000 habitantes ao longo deste ano. Deste xeito, esta iniciativa cultural pon a disposición dos municipios grupos de artistas profesionais de música que realizan as súas actuacións ou os seus concertos en lingua galega ou, no caso de ser instrumentais, con pezas de autoría galega.

“+Música” busca facilitar aos concellos a programación e celebración de concertos gratuítos e para todos os públicos. Como explicou o presidente provincial, Luis López, o obxectivo é tamén “contribuír á difusión e o fomento da cultura galega, promovendo a reputación da provincia como destino cultural”. Para conseguilo, poranse a disposición dos concellos actuacións musicais profesionais de grupos inscritos no Catálogo de grupos +Música. Unha vez que as bases aprobadas sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), os grupos e músicos interesados terán un prazo de dez días hábiles para poder inscribirse no catálogo, darse de baixa do mesmo ou modificar os seus datos se xa estaban.

Pola súa banda, os concellos poderán presentar, entre os días 1 e 15 de marzo, as súas solicitudes de actuacións e concertos, que deberán celebrarse entre o 1 de maio e o 31 de decembro deste ano. A Deputación encargarse de aboar o caché, mentres que será o concello o encargado de sufragar os gastos derivados da produción da actuación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario