Murga do Naveiro, Equipo Ja e Os do Val do Lérez puxéronlle humor á ultima xornada da programación, na Nave da Música
Cor, risas e, sobre todo, moita retranca. Así viviu Barro o que foi o broche de ouro á súa programación do Entroido, coa celebración do V Festival de Murgas, no que participaron Murga do Naveiro, Equipo Ja e Os do Val do Lérez.

A xornada, que tivo lugar na Nave da Música durante a tarde deste domingo, foi un auténtico despregue de inxenio, dende o salón de beleza da Murga do Naveiro ata a perruquería do Equipo Ja, quenes entoaron aquilo de "tu calva tiene tres pelos/ tres pelos tiene tu calva" ou a súa particular adaptación de Duro de pelar, en versos dirixidos cara diferentes figuras políticas que espertaron as gargalladas dos asistentes.

Pola súa banda, Os do Val do Lérez centraron tamén as súas críticas no expresidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales, nunha cita que atraeu a decenas de persoas, e que fixo fronte ao mal tempo a cuberto, consolidándose no municipio coma unha das máis valoradas.
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/barro-rendese-ao-espirito-entroideiro-coa-tarde-murgas/202402260918041293580.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario