A liña de axudas, dotada con 470.000 €, permitirá financiar actividades para mellorar a calidade de vida e a integración das persoas, cun máximo de 7.000 € por proxecto
A Deputación de Pontevedra abre este venres, 16 de febreiro, o prazo para solicitar a liña de subvencións para que entidades sen ánimo de lucro poidan realizar actuacións centradas nos colectivos que precisan apoio desde o punto de vista social, dotadas con 470.000 euros. Con estes recursos poderán financiar actividades de iniciativas postas en marcha para mellorar a calidade de vida e a integración das persoas que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social. Só se concederá unha subvención por entidade e o importe máximo de cada unha no superará ou 7.000 euros, nin o 80% do orzamento total de cada actuación.
Esta liña de axudas está enfocada a entidades de iniciativa social con sede social ou delegación na provincia e poderán ser obxecto de subvención as actuacións relativas a proxectos, programas ou actividades de promoción e inserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, as que persigan un interese social na procura da mellora da calidade de vida das persoas.
As solicitudes, que estarán abertas durante 20 días hábiles, deben presentarse obrigatoriamente a través da Sede electrónica da Deputación, e deberán ir acompañadas do proxecto descritivo da actividade para a que se solicita a prestación, que inclúa: a denominación ou nome, a xustificación, os obxectivos, as persoas beneficiarias directas e indirectas, a metodoloxía empregada, a temporalización, o ámbito territorial, os recursos, o impacto social estimado, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario