A Deputación destina preto de 240.000 € para que Pazos, Barro e Redondela impulsen e melloren as súas infraestruturas deportivas - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 24 de febrero de 2024

A Deputación destina preto de 240.000 € para que Pazos, Barro e Redondela impulsen e melloren as súas infraestruturas deportivas

 


Trátanse dos primeiros recursos aprobados do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas promovido polo goberno de Luis López e dotado cun orzamento de 4 millóns de euros

“Con este plan os concellos da provincia poderán construír novas instalacións de uso deportivo, modernizar, remodelar ou mellorar as existentes e adquirir equipamentos, material ou terreos para uso deportivo”, detallou o presidente

 A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno os primeiros recursos do  Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas con axudas que ascenden a preto de 240.000 € para os concellos de Pazos de Borbén, Barro e Redondela.  Este plan, promovido polo goberno de Luis López e dotado cun orzamento de 4 millóns de euros, permitirá que os concellos da provincia poidan “construír novas instalacións de uso deportivo, modernizar, remodelar ou mellorar as existentes e adquirir equipamentos, material ou terreos para uso deportivo”, detallou o presidente.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas está aberto aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que aínda poden solicitar beneficiarse das súas axudas. Tanto Pazos, como Barro e Redondela benefícianse xa da contía máxima aprobada para cada concello no marco deste plan extraordinario.  Deste xeito Barro recibirá 38.274 € para acometer a substitución da cuberta do pavillón polideportivo. 

Pola súa banda,  o goberno provincial tamén aprobou destinar a Pazos de Borbén 35.123 € para o proxecto de cuberta da pista de pádel, unha actuación que ascende a 62.674 €  e que, tal e como informou o presidente Luis López, “imos financiar ao 100% xa que a estes recursos do Plan de Infraestruturas Deportivas que aprobamos hoxe hai que engadir outros 27.551 € que destinamos xa a través do Plan +Provincia”.

O mesmo acontece con Redondela, onde a Deputación de Pontevedra financiará o 100% da obra de substitución de céspede artificial no campo de fútbol de Chapela que ascende a 330.118 €. Así, aos 163.615 € que a Xunta de Goberno da institución provincial aprobou para esta obra no concello a través do Plan de Infraestruturas Deportivas hai que engadir outros 166.000 €  ao abeiro da liña 1, de investimentos, do Plan +Provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario