A través deste programa o organismo provincial distribuirá ata 10.000 € por entidade veciñal para que poidan adquirir equipamentos ou executar obras de acondicionamento, reforma e ampliación de locais sociais
. Última semana para que as asociacións de Pontevedra poidan optar ao Plan Provincia Comunitaria que, dotado cun millón de euros, distribuirá ata 10.000 € por entidade. Trátase dun programa que responde á vontade do goberno de Luis López de emendar a inxustiza que supuxo a desaparición do Plan de Acción Comunitaria e para dar resposta ás demandas dos colectivos veciñais, entidades clave no equilibrio territorial provincial.
O Plan Provincia Comunitaria vai dirixido a asociacións de veciños, confederacións, federacións, unións ou asociacións de mulleres rurais con domicilio fiscal na provincia que se poderán beneficiar de contías que abranguen entre os 6.000 e os 10.000 euros. A través destes recursos as entidades veciñais poderán adquirir equipamentos (mobiliario, dispositivos informáticos, acústicos ou audiovisuais para desenvolver o seu traballo) ou executar obras de acondicionamento, reforma e ampliación de locais sociais, infraestruturas nas que desenvolven a súa actividade ou espazos destinados ao cumprimento dos seus fins. O prazo para solicitar as axudas do Plan Provincia Comunitaria remata o vindeiro xoves 29 de febreiro e as obras deberán estar rematadas en novembro.
A aposta da Deputación de Pontevedra polo tecido asociativo da provincia ascende este ano 2024 a dous millóns de euros xa que, ademais do millón de euros que contempla o Plan Provincia Comunitaria, tamén se aprobou outro millón de euros dirixido ás comunidades de augas de Pontevedra, o Plan +Aqua.
No hay comentarios:
Publicar un comentario