A Deputación abre o prazo para que os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes soliciten axudas para promover a igualdade - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 23 de febrero de 2024

A Deputación abre o prazo para que os concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes soliciten axudas para promover a igualdade

 


A liña de axudas, dotada con 260.000 euros, busca impulsar diferentes actividades de sensibilización, formación ou, entre outras, prevención da violencia machista. Cada concello poderá recibir ata 6.000 euros

 

 A Deputación de Pontevedra abre este mércores 21 de febreiro o prazo para que os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia soliciten subvencións para desenvolver proxectos, programas e actividades centrados en conseguir a igualdade entre mulleres e homes e loitar contra a violencia machista na provincia durante o ano 2024. A través desta liña de axudas, dotada con 260.000 euros, cada concello poderá recibir ata 6.000 euros.

Con estes recursos, os concellos terán a posibilidade de impulsar actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; proxectos para mellorar a atención integral ás vítimas de violencia de xénero, aos seus fillos e  persoas dependentes ao seu cargo; actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; actividades para mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres e campañas de difusión e sensibilización en materia de igualdade. Tamén para elaborar plans municipais de igualdade, proxectos e iniciativas xurdidas dos acordos das mesas locais contra a violencia de xénero,  crear redes de apoio para fomentar a corresponsabilidade, accións e actividades de prevención e sensibilización no eido educativo e para contratar persoal empregado público especialista en materia de igualdade. As accións deberán realizarse durante 2024, rematando en todo caso antes do 31 de decembro deste mesmo ano.

Xunto a estas axudas, que os concellos poderán solicitar ata o 21 de marzo, a Deputación ten aberto o prazo para que entidades sen fins de lucro da provincia soliciten subvencións tamén para impulsar a igualdade e loitar contra a violencia machista. Neste caso, as axudas ascenden a 200.000 euros, 50.000 € máis que no 2023, e cada entidade poderá recibir ata 7.000 euros, 1.000 máis que o pasado ano. Son, en total, 460.000 euros os recursos que o goberno de Luis López destinará neste 2024 á promoción da igualdade, un 12% máis que o pasado ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario