A Deputación ten aberto ata este venres o prazo para que entidades sen fins de lucro soliciten algún dos obradoiros de “+Xuntas” - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 26 de febrero de 2024

A Deputación ten aberto ata este venres o prazo para que entidades sen fins de lucro soliciten algún dos obradoiros de “+Xuntas”

 


O programa provincial, dotado con 300.000€, ten por obxectivo impulsar a participación activa das mulleres, xerando vínculos e fomentando as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias

Últimos días para que as entidades sen fins de lucro da provincia que teñan como obxectivo a promoción das mulleres e apoien o seu desenvolvemento poidan solicitar algún dos obradoiros do programa da Deputación de Pontevedra “+Xuntas”. A través desta iniciativa, dotada con 300.000 €, a institución provincial pretende impulsar a participación activa das mulleres, xerando vínculos e fomentando as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias

Cada entidade  poderá solicitar un dos 207 obradoiros ofertados e o prazo para facelo manterase aberto ata este venres, 1 de marzo.  As accións formativas, centradas en temáticas como a tecnoloxía, a creatividade, a natureza e a saúde,  están dirixidas a un máximo de entre 20 e 25 persoas, segundo a especialidade, e teñen unha duración de 35 horas.

Deste xeito, en “+Tecnoloxía” contémplanse cursos de alfabetización dixital, de socialización coas redes sociais, de administración electrónica e de administradoras de redes sociais. Pola súa banda en “+ Creatividade”,  as entidades poderán seleccionar entre accións formativas relacionadas coa pintura a outras centradas no teatro, encontros con lectoras, patchwork, personalización de álbums e artesanía en coiro. Ademais, a través de “+ Natura” a Deputación de Pontevedra inclúe accións formativas centradas nas plantas medicinais, a conservación de alimentos, a xardinería, as hortas ecolóxicas e o arte floral, e, por último, “+ Saúde”, ofrece obradoiros de ioga, pilates, taichí, ximnasia hipopresiva, menopausa de forma saudable, autocoidado, autoestima e comunicación asertiva, musicoterapia, risoterapia e atención plena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario