Barro eleva as contas para o Presuposto de 2025, que se sitúa nos 3,2 millóns de euros - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 6 de diciembre de 2024

Barro eleva as contas para o Presuposto de 2025, que se sitúa nos 3,2 millóns de euros

O equipo do bipartito manterá por décimo ano consecutivo, as taxas e impostos conxelados. Os nacionalistas Adrián Silva Magdalena e Andrea Pérez Cal tomaron posesión como novos membros da Corporación

29/nov/24 - 12:55 Actualizado: 29/nov/24 - 12:55

A corporación municipal de Barro aprobou esta semana o orzamento municipal para o ano 2025, unhas contas que destacan polo aumento de máis de 305.000 euros a respecto do exercicio anterior, acadando a cifra de 3.246.500 euros.

Este incremento débese en maior medida na suba da recadación do IBI á AP-9, unha vez rematado o período no que tiña unha bonificación do 95%.

Estes son os décimos orzamentos desde que Xosé Manuel Fernández Abraldes asumiu a alcaldía e, por décimo ano consecutivo, o executivo municipal decidiu conxelar as taxas e impostos.

O Concello ampliará plantel en 2025 cunha nova praza de operario ou operaria

Fernández Abraldes fai unha valoración “moi positiva” dos orzamentos para o ano 2025, pois segundo o alcalde "estas contas son o reflexo da boa xestión que levamos feito nestes dez anos, xa que vemos como orzamento medra ano tras ano e iso permítenos dar pasos adiante e mellorar os servizos municipais”, e destacou que “sen subir taxas e impostos fomos capaces conseguir que o orzamento aumento ano tras ano".

Nas contas para o vindeiro exercicio, ademais da conxelación de taxas e impostos, destaca unha importante subida nas partidas de política social e de mantemento, así como a creación dunha nova praza de operario/a de servizos múltiples, co obxectivo de aumentar a capacidade da brigada municipal de mantemento.

BNG Barro municipal
Foto de familia do grupo municipal do BNG de Barro tras o Pleno, xa cos dous novos concelleiros. D. P.

Nesta sesión plenaria tomaron posesión Adrián Silva Magdalena e Andrea Pérez Cal como novos membros da corporación, en substitución de Roberto Rivas e Amelia
Cancela.
Tamén se aprobaron por unanimidade da corporación o Plan de Igualdade do persoal  municipal e o Plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres de Barro.

 

 https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/barro-eleva-contas-presuposto-2025-que-situa-nos-32-millons-euros/202411291255551331623.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario