Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 8 de julio de 2014

A Festa do Viño de Barro, 11.000 €. A DEPUTACIÓN DESTINA 1 MILLÓN AOS CONCELLOS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E SOCIAIS



A Xunta de Goberno aprobou a concesión de subvencións do Plan de Acción Municipal
·       Subvenciónanse 215 actividades en toda a provincia, das que o 40% son actividades de carácter socio-cultural, 79 festas populares e 50 eventos deportivos
·       Os concellos da comarca de Pontevedra recibiron 66.000 euros para 11 festas populares, 6 eventos deportivos e 5 actividades de carácter sociocultural
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou na súa xuntanza semanal a concesión de axudas aos concellos da provincia para o financiamento de actividades culturais, deportivas e sociais, no marco do Plan de Acción Municipal, cun importe total de 1 millón de euros.
Subvenciónanse un total de 215 actividades en toda a provincia, das cales o 40 por cento son actividades de carácter socio-cultural (fundamentalmente actividades formativas e de dinamización social –cursos de reforzo escolar, campamentos infantís e xuvenís, ludotecas, obradoiros, ximnasia, escolas de nais e pais…- e actividades culturais –ciclos de cine, teatro, arte, festivais de música….-).
Outras unhas 80 son festas tradicionais e populares e 50 son eventos deportivos.

Comarca de Pontevedra
Os sete de concellos de menos de 50.000 habitantes da comarca de Pontevedra recibiron un total de 73.000 euros para o financiamento de 22 actividades, o 50% festas tradicionais e populares.

Así, nos concellos de Poio, Ponte Caldelas e A Lama a Deputación investiu 36.000 euros, a razón de 12.000 euros para cada un.

No caso de Poio subvencionáronse a Festa da Ameixa, o Triatlón Porto de Campelo, o Duatlón Cross Concello de Poio, o Torneo de Fútbol 7 alevín e benxamín e a Semana Deportiva de San Xoán; mentres que en Ponte Caldelas a achega da Administración Provincial vai destinada ao programa Ponte en movemento de ximnasia para maiores, a Festa das Dores, e o Plan Cultural do concello.

En A Lama subvencionáronse a Festa do Codillo e Semana Cultural.

Pola súa banda, o Concello de Barro recibiu 11.000 euros para unha das súas festas máis populares e concorrida, a Festa do Viño.

Igual cantidade suman as axudas concedidas ao concello de Cotobade e que neste caso permiten o mantemento dun obradoiro de deportes, e a celebración dunha excursión ao Corpiño, da Transgalaica, da Festa do Petote,  e da Feira de Cuspedriños, así como a organización dun campamento.
Campo Lameiro recibe 9.000 euros para as actividades do Mes cultural, a Festa da Terceira Idade e o programa de Actividades deportivas.

Finalmente, Vilaboa percibe 6.000 euros para a festa dos Reis e o Entroido de Cobres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario