Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 5 de julio de 2014

ADXUDICADAS AS OBRAS DE URBANIZACIÓN DA RÚA AREAL EN BARRO



·       As obras que se van executar en Barro foron adxudicadas á Hordescon S.L. en 47.000 euros
A Deputación de Pontevedra adxudicou na súa Xunta de Goberno semanal as obras de pavimentación e mellora de diversos camiños rurais no concello de Poio e a urbanización e remate da Rúa Areal, no concello de Barro.

Finalización da Rúa Areal
No concello de Barro, as obras foron adxudicadas en 46.785,46 euros á empresa Hordescon S.L. é consistirán na dotación de servizos e beirarrúas e na reparación do pavimento da Rúa Areal, que na actualidade se atopa parcialmente urbanizada e que se pretende completar para a súa posta en servizo.
Os traballos incluirán a reparación da calzada, dotándoa dunha capa de grixo artificial compactado, sobre a que se aplicará un rego de imprimación e unha capa de aglomerado en quente. Así mesmo, completarase a canalización das redes de pluviais, de abastecemento e saneamento, así como da rede de telecomunicacións e alumeado público; e completaranse as beirarrúas da marxe esquerda da rúa, con bordo de granito e firme de formigón.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario