Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 4 de julio de 2014

Landín (Barro),Piñeiro (Moraña),Vázquez(Portas) Pena (Cuntis) e Rey (Caldas). «Estamos a pensar nunha pequena mobilización»


«Estamos a pensar nunha pequena mobilización», asegurou onte o alcalde de Caldas Juan Manuel Rey, tras a reunión mantida co decano do Colexio de Avogados de PontevedraRamón Jáudenes López de Castro, sobre a supresión do partido xudicial, á que asistiron os rexedores doutros concellos do partido xudicial: José Antonio Landín (Barro), Luisa Piñeiro (Moraña), Roberto Vázquez(Portas) e Antonio Pena (Cuntis). «Ou de Valga non puido vir, pero trasladounos o noso apoio e o de Pontecesures e Campo Lameiro non se convocáron por erro meu», apuntou Rey.

O Colexio de Avogados iniciou días atrás unha campaña en contra da supresión dos partidos xudiciais -agás os das capitais de provincia- que propón o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ) que tramita o Ministerio de Xustiza. Se o alcalde deCambados, do PP, arremeteu contra o seu propio partido, os rexedores ‘populares’ da bisbarra Ulla-Umia seguen o mesmo camiño.

 «Imos consensuar unha moción tipo para aprobalas nos plenos, estamos traballando non borrador», explicou Juan Manuel Rey, quen non descarta defender na rúa os dous xulgados da vila. A LOPJ prevé eliminar as salas de Instrución e Primera Instancia e tamén os Xulgados de Paz. Rey convocará unha reunión de voceiros en Caldas para dar a coñecer esta situación aos grupos da oposición.

«A supresión dous xulgados encarecerá a xustiza de xeitoimportante», subliñou o rexedor, xa que será necesario acudir aPontevedra para realizar calquera trámite xudicial por mínimo que sexa. A medida, ademais, tamén supoñería un importante revés para a economía local.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/seccion/caldasdeza.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario