Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 22 de septiembre de 2014

Comezan as clases de baile deportivo en Barro organizadas pola Fervenza da Barosa e impartidas por BTroula.


  • As clases estarán impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis dirixido polo mestre Breogán Pérez.
  • Esta actividade programada en Barro pola AC Fervenza da Barosa, ANPA do IES e BTroula forma parte da divulgación do baile deportivo.
  • As clases terán lugar tódolos mércores para menores ata 13 anos e maiores de 13 anos no Centro Cultural en San Antoniño.
  • A primeira clases de iniciación ao baile, gratuita, terá lugar o vindeiro día 24 de Setembro.
O vindeiro  mércores 24 de Setembro en Barro, tódalas persoas que o desexen terán a oportunidade de disfrutar dunha clase gratuita de baile de salón e baile deportivo impartidas polos profesores do clube BTroula de Meis, e dirixidas polo director desta asociación Breogán Pérez.
A partires deste mércores e durante todo o curso, as persoas que o desexen poderán participar nestas clases de baile deportivo e de salón, que terán un coste mensual de 15€/persoa. Os horarios serán das 19.30 ata as 21.00 horas para menores de 13 anos. E a partires das 21.00 horas para maiores de 13 anos. O local donde se celebrarán será o Centro Cultural de San Antoniño, no local cedido polo Concello de Barro.
As materias que se tratarán e o método das clases variarán en función da idade dos participantes ( dende os 3 anos aos 13 e maiores de 13).
Esta actividade inclúese dentro do programa de divulgación do baile deportivo que BTroula e Fervenza da Barosa acordaron e que culminará coa celebración do" II TROFEO VAL DO SALNÉS" que se celebrará no vindeiro ano 2015 en Barro, e que organizan conxuntamente o clube BTroula de Meis e a Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro.

Cabe sinalar que no ano 2013, o "I Trofeo AC Fervenza da Barosa" de baile deportivo, congregou en Barro a máis de 70 parellas de baile e máis de 1500 asistentes. Nesta modalidade de baile deportivo destacan en tódalas competicións nacionais e internacionais os veciños e bailaríns de Barro, Santi Sabarís e Alba Triñanes Corredoira, donde acadan de xeito regular os primeiros postos.
Este ano 2014, e neste caso en Meis, foi o "I Trofeo Val do Salnés" de baile deportivo, que congregou máis de 80 parellas de baile e máis de 1300 asistentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario