Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 28 de septiembre de 2014

UNHA SEMANA TRASCENDENTE PARA O EMPREGO E A REACTIVACIÓN ECONÓMICA NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA



A semana do 22 ao 28 de setembro revelouse como unha semana transcendente para o Emprego na Deputación de Pontevedra. Ao longo dela tiveron lugar os seguintes feitos:

·       Aprobouse hoxe, venres, un convenio coa Fundación Incyde para celebrar o vindeiro mes de abril en Pontevedra un Congreso Internacional de Viveiros de Emprego que achegará a 600 viveiristas-pequenos emprendedores de España e Europa

·       Acordo na xunta de goberno de hoxe para adxudicar o vindeiro 3 de outubro a construcción de dous Viveiros de Empresas en Barro-Meis e Lalín cunha inversión de 2,5 millóns €

·       O luns 22, martes 23 e mércores 24 asinaronse 500 contratos para que xoves titulados, sin experiencia laboral previa, realicen  prácticas remuneradas, a partir do vindeiro 1 de outubro, en empresas da provincia dentro do Plan Practica Laboral II. A esto sumánse  outros 500 xoves que xa traballan dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.

·       O xoves asinaronse 45 contratos de FP dual polos que xoves estudantes de Hostelería compatibilizan formación teórica e práctica en 45 hoteis da cadena Hotusa en establecementos de España e Alemania
·       Hoxe venres acordouse no Pleno poñer á venta 66 parcelas do polígono de Barro-Meis a 105 €/m2. As parcelas ocupan 237.354 m2 e, en próximos días, a súa venta suporá a ocupación total do polígono, según afirmou hoxe o presidente Rafael Louzán.


(VENRES) CONVENIO DEPUTACIÓN-INCYDE PARA A CELEBRACIÓN EN ABRIL DUN ENCONTRO INTERNACIONAL DE VIVEIROS DE EMPRESAS EN PONTEVEDRA
1.- Louzán e Javier Collado, director xeral de Incyde, asinaron hoxe un convenio para celebrar en abril un <Encontro Internacional de Viveiros de Empresas> en Pontevedra.
2.- O Encontro, que terá especial sensibilidade hacia sectores estratéxicos de Pontevedra (como o vitivinícola), desenvolverá as seguintes actuacións:
·       Xornadas e grupos de traballo, orientadas a xestores dos Viveiros de Empresas, sobre organización, xestión, financiación e políticas de emprendemento.
·       Acceso á financiación para as empresas viveiristas
·       Desenrolo de experiencias internacionais comparadas
·       Xornadas Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico
·       “Networking” activo (rede de contactos e oportunidades de negocio) entre os asistentes.
3.- Participarán membros da Rede de Viveiros Empresariais de Incyde, a maior de Europa, con 96 Viveiros funcionando e 15 en construcción, todos financiados a través dos Fondos Feder.
·       Dende o 2002, Incyde (coas Cámaras e as institucións) creou 2.800 MicroPemes. Por eso recibeu o premio de Boas Prácticas polos Fondos Feder e a Comisión Europea.
·       Agora, Europa enfoca as súas estratexias de desenrolo, para o periodo 2014-2020, hacia o crecemento intelixente e innovador das MicroPemes, fomentando o intercambio e a cooperación entre xoves emprendedores para reforzar o tecido produtivo de cada país e recuperar o talento emigrado.




(VENRES) CONSTRUCCIÓN POR 2,5 MILLÓNS DE DOUS VIVEIROS DE EMPRESAS EN BARRO-MEIS E LALÍN
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra deu hoxe o visto bó para a adxudicación da construcción de dous Viveiros de Empresas nos polígonos industriais de Barro-Meis e Lalín por un importe de 2,5 millóns de euros financiados entre a Fundación Incyde e a propia Deputación.
Ao concurso presentaronse 30 empresas. As obras de construcción iniciaránse en outubro e o espazo estará dispoñible para os emprendedores na vindeira primavera.
O viveiro de empresas de Barro-Meis situaráse nunha parcela de máis de 5.000 m2 e centrará o seu peso nas “naves-nido” para un tipo de proxecto empresarial orientado á produción; á industria; a talleres …, e cun menor espazo dedicado a oficinas.  O concurso de ideas para o proxecto constructivo foi gañado polos arquitectos vigueses Juan B. Pons e Lucas Gándara.
O de Lalín, disporá dunha maior variedade de oficinas –para adaptarse a diferentes proxectos empresariais que requiren máis de medios tecnolóxicos que de espazo–, aínda que tamén contará con naves-nido. O edificio ocupará unha parcela de 2.000 m2 e terá unha superficie construida de 1.600 m2 en dúas alturas
Nos dous casos, e para dar maior flexibilidade e capacidade de adaptación ás necesidades dos emprendedores, os dous edificios terán un carácter modular, para que poidan ser facilmente adecuarse aos proxectos que neles se instalen e para poder ser ampliados en caso de necesidade.






(LUNS E MARTES) COMEZA O PROCESO DE SELECCIÓN DE EMPRESA POR PARTE DOS PRETO DE 500 BOLSEIROS DO II PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS

Entre hoxe e mañá, preto de 500 bolseiros elixirán a empresa na que van desenvolver un ano de prácticas, financiadas pola Deputación de Pontevedra no mar co II Plan de Práctica Laboral.
O Salón de Plenos da Administración Provincial acolleu esta mañá á primeira quenda de bolseiros, correspondentes a 62 titulacións e pola tarde será o turno dos titulados de dúas das especialidades máis demandadas, que son o Ciclo superior en Administración e Finanzas e da Licenciatura e grao en Administración e Dirección de Empresas.
En total, case 300 mozos e mozas aos que mañá se sumará a última quenda, con 45 titulacións diferentes e bolseiros ata completar un total de 500 titulados que van ter a súa primeira oportunidade laboral na profesión para a que se formaron.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán destacou que, cos que agora participan neste II Plan de Práctica Laboral na empresa privada,  esta iniciativa, “única en España”, leva xa facilitado o acceso ao mercado de traballo “a preto de 2.000 pontevedreses con titulacións universitarias ou de FP”.
Unha experiencia moi necesaria
A busca de experiencia que lle facilite o acceso a un posto de traballo na especialidade para a que se formaron é o obxectivo principal dos mozos e mozas que se apuntaron a este plan da Deputación.
Moitos deles xa coñecen o seu funcionamento porque contan con amigos que se acolleron ás anteriores edicións do plan, tanto na súa primeira versión, na que se ofertaban prazas en centros da administración pública tanto da Deputación como dos concellos, como no de prácticas en empresas, no que xa están traballando 500 mozos e mozas noutras tantas empresas da provincia.
Bolsas de un ano
Todos eles comezarán as súas prácticas o vindeiro un de outubro, con bolsas de seis meses prorrogables por un ano.
A contía da bolsa é de 800 euros para titulados universitarios e de 700 para titulados de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos. 

(XOVES) 42 ALUMNOS DOS CICLOS DE FP DUAL COMEZAN A SÚA FORMACIÓN PRÁCTICA EN HOTEIS DE ESPAÑA E ALEMAÑA
·       Recibirán formación e traballarán en 18 d0s principais establecementos da cadea Eurostars durante un período de 9 meses
42 alumnos e alumnas dos ciclos superiores de FP Dual postos en marcha pola Deputación, a Consellería de Educación e o Grupo Arlea Hotels (Hotusa), comezan a súa formación práctica en 18 hoteis da cadea  Eurostars en España e Alemaña.
Trátase de 15 estudantes de Dirección de Cociña, 15 de Xestión de Aloxamentos Turísticos, e 12 de Dirección de Servizos de Restauración. Recibiron os seus contratos de máns do presidente da Deputación, Rafael Louzán, do director xeral de FP, Manuel Corredoira, e do directivo de Hotusa, José María Barral Puig.
Dos 42 estudantes que agora inician a súa formación, 11 farano en Munich -7 no hotel Eurostars Grand Central  e 4 no Eurostars Book Hotel-; 15 en Barcelona -8 no Grand Marina, 2 no Cristal Palace, 1 no Monumental, 1 no Eurostars Angli, 1 no BCN Desing, 1 no EXE Laietana Palace e outro no Eurostars Ramblas-; 3 no Eurostars Palace de Córdoba; 6 no hotel Reconquista de Oviedo; e 7 alumnos en establecementos de Galicia.
Estarán 3 no Hotel San Lázaro de Santiago; 1 no Monte do Gozo, tamén en Santiago; 1 no Mar de Vigo; e 2 no Ciudad de La Coruña.
Todos eles recibiron hoxe os datos do centro no que van realizar as prácticas; o contacto das persoas que exercerán de titores no seu destino;  as tarxetas de embarque para os que se dirixen a Barcelona, Munich, Madrid e Córdoba e os billetes de autobús para os de Oviedo.
A formación práctica que agora inician en hoteis de Hotusa vai ter unha duración de 9 meses, cunha xornada de 30 horas semanais nas que se combinará formación e traballo.
O ciclo complétase cos 2 meses de formación presencial no CIFP Carlos Oroza e 6 meses de formación a distancia, con 15 horas de dedicación semanal ao curso. En total, dous anos de formación durante os cales os mozos e mozas que participan nestes cursos non só obteñen formación teórica e prácticas nun contorno real de traballo, senón que perciben unha remuneración de 500 euros mensuais.

(VENRES) O PLENO DA DEPUTACIÓN ACORDA A VENTA OU A CONSTITUCIÓN DUN DEREITO DE SUPERFICIE EN 66 PARCELAS DE BARRO-MEIS QUE SERÁN ENAXENADAS A 105 € O METRO CADRADO
 O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, cos votos a favor do PP e BNG e a abstención do PSOE, o novo pliego de claúsulas económico-administrativas que rexirán a enaxenación ou constitución do dereito de superficie, mediante concurso público, de 66 parcelas resultantes do proxecto de parcelación do plan de sectorización do solo urbanizable industrial Outeda-Curro, no polígono de Barro-Meis.
As 66 parcelas ocupan un total de 237.354 metros cadrados e o seu prezo será de 105 euros por metro cadrado, Ive excluido.
As citadas parcelas poderán ser obxecto _a opción e proposta dos licitadores interesados_ de transmisión ou adquisición do dereito de propiedade, ou ben de constitución dun dereito de superficie por un plazo mínimo de 5 anos e un máximo de 25.
As variacións deste novo pliego, hoxe aprobado, con respecto aos que rexiron en anteriores licitacións, son as seguintes:
·        Será posible introducir a posibilidade de constituir un dereito de superficie con opción a compra das parcelas
·        Modificaráse o IVE do 16% e do 18% polo 21% de imperativo legal
·        O prezo do metro cadrado queda establecido en 105 euros
·        Amplíanse os plazos de pago, nos casos de cantidades aplazadas, ata un máximo de 10 anos.
·        Os actuáis propietarios de parcelas resultantes de anteriores concursos públicos poderán acollerse ás mesmas condicións que establece o pliego hoxe aprobado para o aplazamento do prezo de compra-venta pendiente de pago na actualidade.
Coa aprobación das novas condicións sobre as mencionadas 66 parcelas, a Deputación de Pontevedra busca fomentar o desenvolvemento económico e social da provincia ao destinar estes terreos á implantación de iniciativas empresariais que favorezcan a creación de emprego e a realización de inversións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario