Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Xoves 18 de Setembro presentación de Moraima Caíño 2013 no Pazo da Crega en Barro.



Mañá xoves 18 de setembro sairá ao público o novo proxecto de Viña Moraima S.Coop.Gal: Moraima Caíño 2013. Trátase dun viño monovarietal 100% caíño tinto amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas, do que só chegarán ao mercado, desta primeira colleita, 2229 botellas, resultado dun grande esforzo de recuperación de viñedo local, nalgúns casos centenario. En palabras de Roberto Rivas, Vicepresidente da cooperativa, a elaboración dun caíño era unha débeda pendente con Barro, onde tradicionalmente foi o viño máis recoñecido pola súa calidade, e a necesidade dun delicado cultivo e posterior vinificación.

A presentación terá lugar no Pazo da Crega, en San Antoniño, Barro (Pontevedra) a un quilómetro da sede da adega, onde Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos responsables da elaboración, explicarán o proceso de xestación do primeiro tinto de Viña Moraima. A recoñecida sumiller afincada en Lugo, Mercedes González, realizará unha cata comentada que poderá ser seguida por todos os asistentes á degustación. Os socios quixeron compartir este importante fito na súa pequena, mais intensa, historia como cooperativa, con hostaleiros, distribuidores e diversos cargos públicos.

Seguindo coa ampla presenza en medios sociais da adega, o evento poderá ser seguido tanto nas súas contas oficiais, como na dos blogueiros convidados ao evento, coa etiqueta #MoraimaCaíño. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario