Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 28 de enero de 2018

Barro: A XUNTA DESTINARÁ PRETO DE 2,9 MILLÓNS DE EUROS A AXUDAS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO





O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se regulan e convocan as axudas
As subvencións poderán solicitarse ata o 31 de outubro de 2018

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2018.- A Xunta de Galicia destinará máis de 2,8 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, tal como establece a resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se regulan e convocan estas axudas. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/uCGCyf.

As persoas beneficiarias destas axudas poden ser as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

As obras de rehabilitación deberán estar rematadas e calificadas definitivamente antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das axudas (31 de outubro). As que non cumpran estes requisitos poderán beneficiarse das axudas en posteriores convocatorias das mesmas, xa que na Ari dos Camiños de Santiago o prazo para a solicitar a calificación provisional (antes da finalización das obras) e a calificación definitiva (unha vez rematadas as obras) está aberto permanentemente. Unicamente a solicitude das subvencións está sometida a unha convocatoria anual como a que hoxe publica o DOG e cun período determinado para a solicitude da axuda.

O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán poderán cubrir ata o 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite  máximo do 10 por cento do orzamento.

As persoas interesadas en acceder a estas axudas poderán solicitalas dende mañá e ata o 31 de outubro de 2018, salvo que se esgote antes o crédito orzamentario.

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago foi o 17 de decembro de 2010, en acordo da Comisión Bilateral de Vivenda Xunta-Ministerio de Fomento.

A delimitación da ARI comprende o trazado das setes rutas do camiño en Galicia:

·         Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela



·         Da Prata I. Dende A Mezquita ou Verín ata Ourense e da Prata II. Dende Ourense ata Santiago de Compostela

·         Inglés. Dende Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela

·         Primitivo. Dende A Fonsagrada ata Melide que conecta co Camiño Francés

·         Norte. Dende Ribadeo ata Arzúa que conecta co Camiño Francés

·         Fisterra-Muxía. Dende Santiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía

·         Portugués. Dende Tui a Santiago de Compostela



A de 2018 é a cuarta convocatoria de axudas da ARI dos concellos de Santiago. Ao abeiro das tres anteriores xa se rehabilitaron 275 vivendas, con axudas de máis de 1,6 millóns de euros.

A área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago comprende 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas. Nas zonas de carácter rural o ámbito da área de rehabilitación comprende a totalidade da parroquia, de maneira que todas as vivendas da mesma que cumpran os requisitos poden beneficiarse das axudas establecidas. Nas zonas urbanas o ámbito da ARI restrínxese ao trazado do Camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario