Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 30 de junio de 2019

Abraldes cobrará más de 31.000 euros como alcalde de Barro




El Concello de Barro celebró el pleno de organización donde se determinó el funcionamiento del gobierno, las retribuciones por asistencias a los órganos colegiados y la única dedicación exclusiva, que recae en el alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes .

El gobierno quedó conformado, además del alcalde, por los concejales del BNG Rocío Martínez, que lleva el área de Participación veciñal e Festas; Roberto Rivas, que se sigue ocupando la de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística; Amelia Cancela, que repite en Benestar social, Educación e Sanidade; Iván Bello, que es el encargado de Obras y Servizos, Medio Rural e Deportes y Adrián Silva, que está al frente de Promoción económica, Emprego, Turismo e Xuventude.

Los plenos ordinarios se mantiene cada dos meses. Las retribuciones que percibirán los concejales por asistencias a los órganos colegiados también se mantienen igual que en el anterior mandato, siendo la asistencia a sesión de comisiones informativas de 30?, las retribuciones por asistencia a la Xunta de Gobierno de 50 euros y asistencia a los plenos de 100. La única dedicación exclusiva es la ostentada por el alcalde con una retribución bruta anual de 31.139,50 euros

Roberto Rivas es el primero teniente de alcalde, Amelia Cancela la segunda e Iván Bello el tercero, que forman parte además del alcalde de la junta de gobierno. Las comisiones informativas están compuestas por tres miembros del BNG, dos del PP y uno del PSOE.

BARRO RECIBE UNHA SUBVENCION DA XUNTA PARA A CONTRATACION DE SOCORRISTA NA PISCINA





OS CONCELLOS DA COMARCA DE PONTEVEDRA BENEFICIARANSE DUNHA AXUDA DE 78.300 EUROS QUE PERMITIRÁ A CONTRATACIÓN DE 26 SOCORRISTAS 
                                                                                                                            
  • O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recordou que a competencia na contratación é dos municipios, engadindo que Galicia foi a primeira autonomía que puxo en marcha probas de acreditación para este tipo de traballadores
 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a Consellería de Economía e Industria aportará 78.300 euros co obxectivo de que seis concellos da comarca de Pontevedra poidan contratar durante os meses de xullo e agosto a un total de 26 socorristas. 
Os concellos beneficiarios serán Barro, Poio, Ponte Caldelas, Marín e Bueu. Na provincia de Pontevedra serán 133 os socorristas contratados, cunha axuda de 400.805 euros e 35 concellos beneficiados, así como a Mancomunidade do Val Miñor.
Tal e como explicou o delegado territorial, a Xunta convoca cada ano unha orde de axudas para apoiar aos concellos na contratación de socorristas. “Pero é preciso lembrar que a contratación de socorristas para praias e piscinas non é competencia autonómica. Son os propios concellos os que realizan directamente estes contratos”.
Tamén compre recordar, segundo explicou o delegado territorial, que Galicia foi a primeira autonomía en poñer en marcha probas de acreditación para socorristas en todo o territorio nacional.

Os concellos galegos contan con subvencións da Xunta de Galicia para a contratación destes profesionais. Sen embargo, non se cubre a oferta de prazas, salvo en determinados concellos, inda que na actualidade hai case 5.260 persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, o que os habilita para poder traballar nas nosas praias e piscinas este verán”, explicou Cores Tourís

Recordou o delegado territorial que, neste senso, a Xunta está a traballar coa Fegamp para paliar a escaseza de socorristas para a tempada de verán, con medidas como facilitar a acreditación a determinados colectivos, como os que estudan Tafad ou Inef ou mesmo crear novas figuras de auxiliares, como sucede coa Policía Local, para complementar o traballo que levan a cabo os socorristas. Ademais, tamén se quere poñer en marcha unha bolsa centralizada de selección de socorristas na Academia Galega de Seguridade Pública, como se está facendo na actualidade cos secretarios, interventores e teusoreiros das entidades locais e coas policías locais de Galicia. 

Empregabilidade e bandeiras azuis
“Coa axuda que permite aos concellos contratar persoal para a vixilancia das praias,  ofrécese tamén ás persoas desempregadas unha oportunidade para adquirir unha experiencia laboral que redunda na mellora da súa empregabilidade e que facilita a súa futura inserción no mercado de traballo”, engadiu o delegado territorial, quen matizou que o  obxectivo é apoiar á Administración local na dinamización da súa economía e seguir contribuíndo a mellorar a inserción laboral no territorio galego.

Esta acción forma parte da Axenda 20 para o Emprego coa que a Xunta está impulsando a calidade no mercado de traballo e coa que se está contribuíndo á redución do paro en Galicia e á creación de emprego.

“Os socorristas son unha ferramenta máis para garantir a calidade dos nosos areais, que veñen abaladas pola consecución de bandeiras azuis, 55 na provincia de Pontevedra”, segundo apuntou José Manuel Cores Tourís. Galicia recibiu 156 bandeiras azuis: en 107 areais galegos; 12 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 22 sendeiros azuis.

“Galicia é a 2ª comunidade de España con máis bandeiras azuis”, asegurou, destacando tamén o papel fundamental que xogan os concellos neste eido. Non en van, recordou que este evento celebrouse no concello con máis bandeiras azuis nas súas praias de toda España: Sanxenxo,  que conta con 18 distincións.

viernes, 28 de junio de 2019

AREEIRO ACONSELLA RENOVAR OS TRATAMENTOS CONTRA O MILDIO E O OÍDIO ANTE A PREVISIÓN DE INESTABILIDADE CLIMÁTICA



Indica que as probabilidades de choiva para os vindeiros días, acompañadas de temperaturas nocturnas suaves, son moi propicias para a propagación de ambos fungos
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) aconsella no seu aviso fitosanitario semanal que, ante a climatoloxía prevista para os vindeiros días, é necesario renovar os tratamentos contra o fungo do mildio e tamén do oídio. O equipo técnico da EFA indica que a práctica totalidade de axencias meteorolóxicas están a anunciar unha climatoloxía inestable, con probabilidades de choiva, moi especialmente o domingo, e con temperaturas nocturnas suaves, e lembran que precisamente estas son as condicións idóneas para a propagación do fungo do mildio. Ademais de aconsellar renovar as intervencións contra esta enfermidade con carácter xeral, tamén indican que naquelas viñas que a renovación do tratamento se fixera xa nos últimos días, será necesario verificar a eficacia do tratamento.
Ademais, insisten en que, con esta climatoloxía, é primordial combinar os tratamentos coas prácticas de cultivo tendentes a manter unha boa ventilación nos viñedos, e mencionan o control da vexetación “sobrante” das viñas e da do solo. Sobre a aplicación dos tratamentos, recomendan realizalos en condicións adecuadas, procurando recubrir ben a vexetación e os acios, para o que é preciso unha adecuada regulación dos atomizadores.
En canto ao oídio, informan que se volveron encontrar novos síntomas do patóxeno en dúas parcelas da zona da IXP Ribeiras do Morrazo, aínda que aclaran que de escasa incidencia. Os síntomas estaban localizados na folla, non en acio, pero desde a EFA lembran que este é un dos períodos nos que este fungo soe xerar problemas o que, unido á previsión climática, fai necesario coidar os  tratamentos e, ao igual que no caso do mildio, acometer labores culturais que favorezan a aireación dos acios.
No caso da acariose, desde a EFA informan que esta semana foron encontrados os primeiros síntomas, confirmados no laboratorio, de acariose en dúas viñas -unha abandonada, outra tratada- da IXP Ribeiras do Morrazo, que  veñen sumarse aos atopados a semana pasada en viñas de O Rosal. Polo momento, desde Areeiro consideran estes casos como puntuais. Tamén están constatando un aumento no número de follas novas afectadas nos gromos máis tenros por erinose, pero os técnicos insisten en que non hai que tratar esta praga, por moito que o síntoma sexa evidente.

Nota: Os medios que precisen máis información ou imaxes dos patóxenos poden utilizar, citando a súa procedencia, os documentos e gráficos existentes na páxina web da EFA (https://areeiro.depo.gal/avisos-fitosanitarios). As radios e tv poden contactar coa técnica Rosa Pérez Otero para tomar audios e vídeos do presente aviso fitopatolóxico.

Pontevedra, 21 de xuño de 2019
Saúdos
Gabinete de Comunicación

jueves, 27 de junio de 2019

A Xunta impulsará con ‘O teu xacobeo’ 104 proxectos NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA que mobilizarán preto de 2,7 millóns de euros






§  Román Rodríguez presentou a resolución desta convocatoria e subliñou que representa o carácter “participativo, descentralizado e sustentable” do Ano Santo
§  Na provincia impulsaranse 19 iniciativas propostas por entes locais, 35 elaboradas por pemes e particulares e 50 formuladas por entidades sen ánimo de lucro

A convocatoria aberta de proxectos O Teu Xacobeo permitirá impulsar 104 iniciativas de dinamización en toda a provincia de Pontevedra. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, anunciaron esta mañá a resolución deste proxecto que conta cun investimento de  case 1,5 millóns de euros por parte da Xunta e que permitirá mobilizar máis de 2,7 millóns de euros na provincia ao longo deste 2019 e ata abril do 2020.

En Galicia serán 352 as iniciativas de dinamización, que supoñen a mobilización de cerca de 9 millóns, e un investimento en subvencións por parte da Xunta de Galicia de 4,7 millóns de euros.

O conselleiro de Cultura e Turismo subliñou a “gran acollida” desta iniciativa, impulsada co obxectivo de implicar e fomentar a participación de todos os axentes da sociedade no deseño do próximo Xacobeo 21. De feito, Román Rodríguez destacou que se recibiron a nivel galego un total de 652 propostas nas tres liñas de axuda abertas e lembrou que a gran afluencia de solicitudes levou a ampliar o investimento destinado a este proxecto, pasando dos 2 millóns iniciais a un total de 4,7. “Trátase da convocatoria de concorrencia competitiva aberta á sociedade máis importante da historia de Galicia”, resaltou o conselleiro de Cultura e Turismo.

No caso da primeira liña de axudas, destinada a proxectos formulados por entidades locais (concellos galegos, mancomunidades, consorcios locais ou deputacións), impulsaranse na provincia de Pontevedra un total de 19 proxectos de 16 concellos que contarán cun investimento de algo máis de 218.000 euros. A meirande parte destas iniciativas permitirán mobilizar recursos locais, fomentarán a innovación e o uso das TIC e farán especial énfase na promoción de artistas ou creadores galegos.

A segunda das liñas favorecerá a posta en marcha de 35 iniciativas propostas por 13 pemes e particulares nas que se investirán case 579.000 euros en proxectos centrados no desenvolvemento rural, o impulso de talento emerxente ou o fomento da igualdade. Por último, a terceira das liñas permitirá que boten andar 50 propostas de 12 entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro e contará cun orzamento de 670.000 euros. “Confiamos en que esta iniciativa sentará as bases dun Xacobeo que sintan como propio todos e cada un dos galegos”, recalcou Román Rodríguez.


Cinco ámbitos de actuación
O conselleiro de Cultura e Turismo recalcou que O Teu Xacobeo representa o carácter “participativo, descentralizado e sustentable” do próximo Ano Santo polo que aposta a Xunta. De feito, Román Rodríguez celebrou que a posta en marcha dos diferentes proxectos permitirá ampliar a repercusión da celebración, anticipando e levando a súa influencia máis alá do 2021, ao tempo que se avanza na súa “descentralización”, implicando a todos os concellos de Galicia. “O Xacobeo non pode ser un proxecto duns poucos, senón un proxecto participativo”, destacou.

As iniciativas seleccionadas abranguen un total de cinco áreas: o ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social. O ámbito artístico comprende toda unha serie de disciplinas como artes visuais, arquitectura, deseño, cultura dixital, moda, cinema e documental, todo tipo de músicas, artes escénicas, literatura e libro. No eido do patrimonio, historia, pensamento e espiritualidade terán cabida foros de reflexión, encontros, publicacións, estudos, etc.

En canto a área gastronómica, inclúense experiencias e actividades de elevado valor engadido, que contribuirán a dar a coñecer e gozar do patrimonio enogastronómico de Galicia achegando a visitantes e locais unha parte das tradicións, oficios, cultura, historia e identidade territorial, así como a promoción de produtos con denominación de orixe ou indicacións xeográficas.

No ámbito deportivo realizaranse eventos de distintas disciplinas deportivas. Inclúense actividades dirixidas e ao aire libre como camiñadas ou rutas organizadas e tamén disciplinas relacionadas co benestar e o gozo respectuoso da natureza. Por último, o ámbito social contempla proxectos relacionados coa defensa dos dereitos humanos ou vinculados a colectivos vulnerables.