AREEIRO ADVIRTE DAS ENFERMIDADES DA MADEIRA NAS VIÑAS POLA SUBIDA DAS TEMPERATURAS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 6 de junio de 2019

AREEIRO ADVIRTE DAS ENFERMIDADES DA MADEIRA NAS VIÑAS POLA SUBIDA DAS TEMPERATURAS




O persoal técnico aconsella aproveitar para rozar a vexetación, recortar os gromos de desenvolvemento exaxerado, e ventilar as plantas para reducir patoloxías

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) vén de advertir no seu último aviso fitosanitario da aparición de posibles enfermidades da madeira motivadas polo calor dos últimos días. Segundo indica o persoal técnico do centro dependente da Deputación, as temperaturas tan elevadas rexistradas desde mércores sen dúbida favorecerán a expresión de novos síntomas, polo que aconsellan eliminar os brazos afectados despois da floración no caso de que ter unha área afectada restrinxida sempre en tempo seco,  desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un  funxicida sobre o corte.

A técnica Rosa Pérez sinala que as condicións de clima soleado dos últimos días favoreceron o avance na fenoloxía das viñas, de xeito que xa só quedan algúns acios que aínda non abriron as flores, mentres que na maioría teñen flores abertas, en formación de froitos, ou incluso nalgunhas viñas máis adiantadas incluso acios cos grans do tamaño da cabeza dun alfinete.

En canto ás patoloxías non se observaron novos síntomas de Mildio, que está freado nas viñas ou en fase de avanzada curación. Dadas as previsións climatolóxicas para os vindeiros días, a recomendación é non necesario renovar os tratamentos a corto prazo, revisar as viñas (en especial as que tiveron maior incidencia de síntomas nestes días) e estar pendentes da evolución do tempo, tanto no que se refire a precipitación como a temperaturas nocturnas: se estas baixan, como prevén a maioría de axencias, dos 10 ºC, o risco será menor.

Outra recomendación é rozar a vexetación acompañante das viñas, aínda moi alta nalgunhas parcelas, e recortar os gromos que teñan un desenvolvemento exaxerado para favorecer a ventilación das plantas e reducir así o risco de patoloxías. Esta labor debe ser moderada ao estar aínda o acio iniciando o seu desenvolvemento.

No referido a outros cultivos, advírtese da necesidade dunha vixilancia extrema para aplicar tratamentos con precisión en maceiras afectadas polo moteado se as condicións climatolóxicas dos vindeiros días pasan a ser de humidade elevada e temperaturas suaves-altas. Non se detectaron cambios nas maceiras con respecto ao Oidio, mais si hai xa froitos que empezan a podrecer a partir de picaduras de insectos, que mentres sexan poucos pódense retirar para evitar a contaminación para os demais.






No hay comentarios:

Publicar un comentario