- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade e A Lama recibirán máis de 27.200 euros para este fin
- En total, a Consellería de Política Social destinará 500.000 euros a 82 iniciativas en toda Galicia
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores
Tourís, destacou hoxe que a Consellería de Política
Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado,
destinará máis de 27.200 euros a catro concellos da comarca de Pontevedra coa
finalidade poñer en marcha programas dedicados á mocidade durante o ano 2019.
Nesta comarca víronse beneficiados os concellos de
Ponte Caldelas con 3.773 euros, A Lama con 3.857 euros, Barro con 4.579 e
Cerdedo-Cotobade, con 15.000.
Estas axudas teñen como obxectivo fomentar a
realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no
ámbito local, en especial, proxectos relacionados co emprendemento e a
empregabilidade dos mozos e mozas, a promoción
de hábitos saudables e prevención de condutas de risco entre a poboación
xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de
discriminación, a dinamización da información, o fomento de actitudes creativas
e da inclusión social e laboral, a dinamización da lingua galega e do
empoderamento das mulleres, a conservación do medio rural e a creación de
espazos para a comunicación.
Cores Tourís engadiu que a administración autonómica
ten como prioridade lograr unha verdadeira participación da mocidade nos
diferentes ámbitos da sociedade actual, para o que é fundamental impulsar
actuacións e apoiar os proxectos que desenvolvan as entidades locais e que
vaian dirixidos a facilitar a participación da mocidade en actividades de
educación non formal, tendo en conta as competencias e aptitudes que derivan
desta, sobre todo de cara a mellorar a empregabilidade da mocidade galega.
Neste ámbito enmárcase esta nova orde de axudas, dirixida a impulsar proxectos
promovidos polas entidades locais no ámbito da educación non formal e que teñan
como beneficiarias directas as persoas mozas.
Tal
e como explicou o delegado territorial, en relación á comunidade autónoma, o
total destas axudas ascendeu a 500.000 euros, da cales 78 corresponden a
solicitudes individuais e 4 a conxuntas. En concreto, as que son de carácter
colectivo corresponden á iniciativa de Vedra, Boqueixón e Vila de Cruces, cunha
subvención de 22.000 euros; a de Cerdedo-Cotobade, cun importe de 15.000 euros;
a dos concellos de Mesías e Frades, co mesmo saldo; e ao programa de O Vicedo e
Mañón, con 14.000 euros.
En canto ás solicitudes
individuais subvencionadas, 26 corresponden a concellos da provincias da
Coruña; 23 a municipios pontevedreses; 18 a concellos da provincia de Ourense;
e 11 a concellos de Lugo. O importe que recibirá cada un destes municipios,
dependerá da puntuación obtida segundo a orde. Así mesmo, a contía de maior
cantidade será de 6.000 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario