AREEIRO RECOMENDA EXTREMAR A VIXILANCIA PARA EVITAR A APARICIÓN DE BOTRITE NA VIÑA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 21 de agosto de 2016

AREEIRO RECOMENDA EXTREMAR A VIXILANCIA PARA EVITAR A APARICIÓN DE BOTRITE NA VIÑA




Os técnicos da EFA aconsellan, no caso de ser preciso aplicar tratamento, que se faga cara ao último día permitido polas adegas
Só recomendan aplicar tratamento se as uvas presentan danos ou feridas que poidan provocar a entrada do fungo

A incidencia máis xeneralizada na viña durante esta semana son as posibles consecuencias das choivas deste venres e do pasado mércores. Desde a Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomendan extremar a vixilancia ante a aparición de botrite, posto que a partires de agora é a enfermidade que máis pode comprometer a colleita.
Recomendan vixiar ademais os danos ou feridas da uva polas que podería entrar o fungo, como poden ser os danos provocados polos paxaros ou pola ‘polilla do racimo’. Segundo indican desde Areeiro as variedades de pel fina e acio compacto como Treixadura, Godello ou Loureira son os máis sensibles a esta enfermidade, polo que a vixilancia deber ser extrema nestes casos.
En caso de ser preciso aplicar o tratamento, desde a EFA recomendan facelo cara aos últimos días permitidos polas adegas, atendendo a que algunhas adegas xa estableceron a data de límite de tratamentos para finais da vindeira semana -nos casos de que non haxa esta limitación, os técnicos lembran que é imprescindible respectar o prazo de seguridade dos fitosanitarios que se utilicen nas aplicacións que se realicen a partires de agora-. Ao igual que a semana pasada, tamén se insiste especialmente na necesidade de retirar os acios afectados polos golpes de sol, que en situacións de humidade tamén facilitan a propagación do fungo da brotite.
No relativo a enfermidades como o mildeu e o oidio xa non se esperan danos nos acios, aínda que si poden aparecer manchas nos brotes novos e nas follas. No caso da aparición destas manchas de xeito significativo, recomendan aplicar un novo tratamento para evitar a defoliación, xa que podería comprometer a maduración da uva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario