O titular da Xunta asistiu ao acto
conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza
O presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, destacou o valor das festas gastronómicas de Galicia e o seu
potencial para contribuír a fortalecer o sector agroalimentario e turístico.
Nesta liña,
lembrou que Galicia conta con 112 festas de interese turístico autonómico, 11
de interese turístico nacional e nove de interese turístico internacional, que
contribúen a poñer en valor a calidade dos produtos procedentes tanto da
agricultura como da gandería e dan a coñecer tamén outros atractivos da nosa
comunidade como o patrimonio cultural.
Durante o
acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza, Feijóo
referiuse a este evento como un exemplo de esforzo conxunto entre criadores,
industria e bodegueiros para promover a produto máis afamado da gastronomía
cañicense.
Feijóo
salientou que a antigüidade desta feira, o arraigo no tempo e os valores
culturais que conflúen nela fan que cada ano creza en visitantes e renome. E
incidiu en que estes tres elementos obrigan a todos os que forman parte da súa
organización a traballar con máis dedicación se cabe, para seguir sendo unha
das grandes citas gastronómicas da Comunidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario