NAVA CASTRO RESALTA A IMPORTANCIA DAS CELEBRACIÓNS GASTRONÓMICAS COMO VALOR DIFERENCIAL DO DESTINO GALICIA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 10 de agosto de 2016

NAVA CASTRO RESALTA A IMPORTANCIA DAS CELEBRACIÓNS GASTRONÓMICAS COMO VALOR DIFERENCIAL DO DESTINO GALICIA




§           A directora de Turismo de Galicia participou hoxe na presentación da 50 Edición da Feira do Xamón da Cañiza
§           A Festa do Xamón da Cañiza conta coa declaración de Interese Turístico de Galicia dende 2013. Desde entón, esta festa é unha referencia imprescindible no calendario gastronómico galego
§           Unha das fortalezas identificadas no Plan Integral de Turismo de Galicia é a gran variedade e calidade dos produtos enogastronómicos de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na Cañiza na presentación  da quincuaxésima edición da Feira do Xamón.

Durante o acto, a responsable de Turismo da Xunta destacou que dende que esta festa recibiu a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia en 2013  consolidouse como unha referencia imprescindible no calendario gastronómico galego xa que, segundo afirmou, esta distinción incrementou a repercusión e a sona “dunha cita que ano tras ano supera as súas expectativas”. Neste senso, salientou que son 131 as festas galegas declaradas de interese turístico, das que máis de 50 son de tipo enogastronómico.

Nava Castro sinalou que esta festa ten o gran atractivo de exaltar un produto de gran calidade que caracteriza esta zona, dado que o seu clima, a situación xeográfica e a temperatura propician as condicións idóneas para producir o mellor xamón da nosa comunidade.

Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia, resaltou o traballo da organización, promoción e difusión desta cita gastronómica que cada ano consigue que o xamón siga a ser o mellor embaixador desta terra. Ademais, destacou a gran oportunidade que supón a Feira do Xamón para a difusión dos recursos turísticos e patrimoniais do territorio entre os que destacou a Virxe da Nosa Señora da Franqueira, unha das tallas marianas máis antigas de Galicia.

Reclamo de atracción turística
A responsable de Turismo explicou que entre as fortalezas identificadas polo Plan Integral de Turismo de Galicia figura a gran variedade e calidade dos produtos enogastronómicos da comunidade como elementos que constitúen vantaxes competitivas e diferenciais a respecto doutros destinos.

“A enogastronomía adopta un papel moi destacado nas accións relacionadas coa oferta turística baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos, buscando a desestacionalización e os novos públicos”, sinalou.

Neste senso, Nava Castro concluíu afirmando que a enogastronomía é un dos grandes reclamos de Galicia e unha da primeiras motivacións polas que os viaxeiros elixen a nosa comunidade como destino.

Aposta polas celebracións gastronómicas
Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia incidiu na importancia das festas como accións de difusión turística e incentivo para a economía local.

Nesta liña, Nava Castro afirmou que a aposta polas celebracións gastronómicas tradicionais que xeran experiencias únicas no destino, como é o caso da Festa do Xamón da Cañiza, ocupan un lugar moi relevante na política turística do Goberno galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario