A intensa choiva que caeu desde a madrugada e o traballo dos servizos
de extinción da Consellería do Medio Rural permitiron dar por
extinguido o incendio declarado na noite deste xoves na contorna do Pontillón do Castro, entre o termo municipal de Pontevedra e a parroquia de Portela, no municipio de Barro.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume xa se deu por extinguido ás 4.46 horas da madrugada tras arrasar unha superfice provisional de 40,76 hectáreas.
O lume iniciouse ás 21.56 horas da noite na parroquia de Portela e estendeuse rapidamente polos montes da contorna, ata tal forma que en apenas unhas horas arrasou máis de 40 hectáreas.
Nos monentos iniciais das tarefas de extinción tamén se desprazaron ata a zona do Pontillón efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra, que se retiraron ao redor da medianoite, quedando na zona os medios de extinción de Medio Rural. En concreto, na súa extinción traballaron seis axentes, 11 brigadas, 10 motobombas e dúas pas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085,
ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais,
toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser
consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
Podes ver o vídeo aquí:
http://pontevedraviva.com/xeral/30183/luvia-extinguido-incendio-barro-arrasar-40-hectareas/
viernes, 19 de agosto de 2016
New
VÍDEO.- A choiva axuda a extinguir o incendio de Barro tras arrasar máis de 40 hectáreas
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
lume
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario